Preguntas frecuentes - Bolsas Excelencia Mocidade Exterior 2019

  • 150 bolsas para cursar determinados estudos de mestrado que se inicien no curso 2019/20 nunha universidade galega e dirixidas a galegos/as que estean residindo no estranxeiro.
  • Podes consultar toda a información descargando aquí as bases desta convocatoria publicadas no Diario Oficial de Galicia.

O prazo remata o día 30 de abril de 2019 ás 23:59 h (hora peninsular española).

  • As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario electrónico normalizado, accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://bolsasexcelencia.xunta.gal.
  • As persoas solicitantes deberán cubrir os campos do formulario que figuren na aplicación informática e incorporar os documentos requiridos. Rematado este proceso deberán confirmar e enviar a solicitude, que comporta a súa presentación e procederase á anotación dunha entrada no Rexistro Electrónico da Xunta de Galicia. Unha vez confirmada a solicitude, non poderán ser modificados ningún dos datos cubertos no formulario.

As bolsas están dirixidas a galegos/as que residan no estranxeiro e teñan unha  titulación universitaria de grao, licenciado/a, arquitecto/a, enxeñeiro/a, diplomado/a, arquitecto/a técnico ou enxeñeiro/a técnico.

1) No momento de solicitar a bolsa debes cumprir necesariamente os seguintes requisitos:

  • Ter menos de 40 anos.
  • Ter a nacionalidade española. 
  • Residir no estranxeiro. 
  • Acreditar un mínimo de dous anos de residencia no estranxeiro inmediatamente anteriores á data da presentación da solicitude. 
  • Estar vinculado/a a Galicia dunha das seguintes maneiras :
    a) Ser emigrante nacido/a en Galicia
    b) Ser emigrante non nacido/a en Galicia, pero que residiras en Galicia de forma continuada durante 10 anos con nacionalidade española antes de emigrar .
    c) Ser descendente por consanguinidade dunha das persoas dos apartados a) ou b) anteriores, sempre que naceras no estranxeiro.
  • Ter rematada algunha titulación universitaria de grao, arquitecto/a, enxeñeiro/a, licenciado/a, arquitecto/a técnico, diplomado/a, enxeñeiro/a técnico ou outro expresamente declarado equivalente. 
  • No caso das persoas descendentes de galegos/as e nacidas no estranxeiro, estar vinculado a un concello galego no PERE (Padrón de Españois Residentes no Estranxeiro). Este requisito poderase acreditar con posterioridade á data de presentación das solicitudes.

2) Requisito que debes cumprir con caracter previo á concesión da bolsa.

  • Estar matriculado/a no curso 2019/20 nun mestrado universitario dos ofertados nesta convocatoria, dun mínimo de 60 créditos e na modalidade presencial. 
  • As Bolsas de Excelencia Mocidade Exterior concédense para a realización de 68 mestrados diferentes das áreas de: Artes e Humanidades, Ciencias, Ciencias da Saúde, Ciencias Sociais e Xurídicas así como Enxeñería e Arquitectura. Podes consultar a listaxe completa descargando o listado de mestrados.
  • Estes mestrados realízanse nunha das universidades públicas de Galicia: Universidade da Coruña (campus de A Coruña e de Ferrol), Universidade de Santiago de Compostela (campus de Santiago e de Lugo) e Universidade de Vigo (campus de Vigo, Ourense e Pontevedra).
  • Non, simplemente terás que cumprimentar a declaración que se inclúe no formulario de solicitude da bolsa sinalando o mestrado ou mestrado nos que vas a solicitar a túa admisión  dos ofertados na convocatoria. 
  • Ao mesmo tempo que realizas os trámites de solicitude da bolsa, debes realizar os trámites de preinscripción  e solicitude de admisión nun ou en varios dos mestrados ofertados nesta convocatoria nas universidades galegas correspondentes
  • Con posterioridade, terás que matricularte nun só dos mestrados ofertados nos que te admitira a universidade e deberás enviar o xustificante de matrícula a través da plataforma de bolsas ata o día 9 de agosto de 2019 ás 23:59 h
  • Para preinscribirte e solicitar a admisión na universidade, tes que cumprimentar o formulario de solicitude do máster que sexa do teu interés, accedendo á web da universidade á que pertenza.
  • Cada universidade establece diferentes prazos de admisión e debes estar en contacto directo con elas para informarte dos programas de mestrado da túa área de interese, así como dos prazos, requisitos e da documentación que debes aportar. Podes consultar os prazos e os enlaces ás webs das universidades descargando aquí en prazos universidades.
  • Para ser admitido/a nunha universidade, no caso de títulos estranxeiros de estudos de países alleos ao Espacio Europeo de Educación Superior (EEES), deberás tramitar a solicitude de equivalencia na universidade galega onde pretendas cursar o mestrado. Non será necesario no caso de que o título estivera xa homologado a un titulo universitario oficial español ou a outro expedido por unha institución de educación superior pertencente a outro estado membro do EEES e que faculten para o acceso a estudos de mestrado.

O custo da matrícula para estudos oficiais de mestrado está fixado polas universidades.
A matrícula consta de dous conceptos:

  1. Taxas administrativas ou de secretaría (apertura de expediente, seguro universitario de accidentes e asistencia en viaxes, expedición tarxeta universitaria de identidade (TUI), solicitude de equivalencia, etc.) cuxo importe oscila entre 40 € e 70 € aprox. segundo os casos. 
  2. Taxas académicas (diferenciando a rama de Experimentais e Non Experimentais):
    a) Para os títulos de mestrado da rama de Experimentais - Epígrafe A (Ciencias, Ciencias da Saúde, Enxeñería e Arquitectura), o importe sería 1.900 € aprox.
    b) Para os títulos de mestrado da rama de Non Experimentais - Epígrafe B (Arte e Humanidades e Ciencias Sociais e Xurídicas), o importe sería 1.300 € aprox.

Moi importante: Pago taxas administrativas e exención de taxas académicas

  • Os/as solicitantes das Bolsas Excelencia Mocidade Exterior, no momento de realizar a matrícula, deben marcar a casilla correspondente a que son solicitantes de bolsa e así só aboan as taxas administrativas ou de secretaría. Este abono faise normalmente mediante ingreso bancario ou mediante tarxeta bancaria de crédito ou débito .
  • Se a resolución da Bolsas Excelencia Mocidade Exterior fose favorable e se concedese a bolsa, as taxas académicas aboaríalas unha vez que estiveses en España e recibises o importe da bolsa.
  • Se a bolsa se denegase e seguises interesado/a en realizar o mestrado para o que te matriculaches, deberás aboar as taxas académicas no prazo establecido. No caso de que se che denegase e xa non estiveses interesado/a en realizar o mestrado, deberás anular a matrícula e perderías en todo caso o importe das taxas administrativas ou de secretaría.
  • O importe da bolsa é o que se reflicte no seguinte cadro:
     
    Dotación total da Bolsa

    Nº Créditos ECTS

    Nº cursos

    Europa

    Resto países

    60 - 72

    1

    7.000 €

    7.650 €

    90 1,5

    10.500 €

    11.475 €

  • O pagamento da bolsa realizarase en dous ou tres pagos, unha vez que se atope en Galicia, se teña incorporado ao mestrado na universidade correspondente e presente determinada documentación xustificativa. A información detallada atópase nas bases da convocatoria.

Coa contía asignada deberás afrontar todos os gastos que se xeren para poder realizar o mestrado, e en concreto:
    a) Gastos de preinscrición, administrativos e de matrícula na universidade.
    b) Viaxe desde o teu país de procedencia.
    c) Aloxamento e manutención en Galicia.
    d) Subscrición dun seguro médico, no seu caso.

No caso de que se che conceda a bolsa, ademais do seguro médico ou de accidentes universitario que terás como estudante do mestrado, debes ter algún tipo de cobertura sanitaria que che cubra calquera atención ou continxencia médica. Segundo o caso, pode haber distintas opcións: se resides en Europa podes solicitar a Tarxeta Sanitaria Europea (TSE) antes de viaxar a España, tamén podes tramitar en España a asistencia sanitaria pública como residente en España ou tamén podes contratar un seguro médico privado.

  1. Pasaporte español / Documento Nacional de Identidade español (DNI).
  2. Documentación acreditativa da residencia actual no estranxeiro.
  3. Documentación xustificativa do tempo de residencia no estranxeiro durante un mínimo de dous anos ininterrompidos inmediatamente anteriores á data de presentación da solicitude.
  4. Documentación acreditativa da túa vinculación con Galicia (nacemento en Galicia / descendencia de galego/a, etc.).
  5. Para as persoas solicitantes nacidas no estranxeiro, documentación acreditativa da súa vinculación cun concello galego no Padrón de Españois Residentes no Estranxeiro (PERE).
  6. Título universitario que dea acceso ao mestrado ou certificado que acredite que o título está en trámite.
  7. Certificado do expediente académico de finalización de estudos universitarios.
  8. No caso de titulacións obtidas no estranxeiro: documento de declaración de equivalencia das notas medias de estudos e títulos universitarios realizados no estranxeiro aos correspondentes españois, que se realizará en liña a través da sede electrónica do Ministerio de Educación e Formación Profesional de España.

Esta documentación débese anexar e enviar a través da aplicación informática. É moi importante que leades con calma as explicacións que figuran neste enlace explicativo da documentación que se debe presentar, descargando aquí 'Documentación'

Este certificado do PERE (Padrón de Españois Residentes no Estranxeiro) debe solicitarse por correo electrónico ao INE (Instituto Nacional de Estadística) da provincia á que pertenza en Galicia o concello galego ao que estés vinculado/a.  Debes enviar un formulario que podes descargar aquí e enviar tamén unha copia do teu pasaporte ou DNI escaneado. O INE enviarache o certificado do PERE  en poucos días por correo electrónico.

No caso de que a titulación de acceso ao mestrado se obtivera nunha universidade estranxeira, a certificación do expediente académico deberá ir acompañada da declaración de equivalencia de nota media que se obtén a través do acceso ao formulario na aplicación on-line sede electrónica do Ministerio de Educación e Formación Profesional de España

   O procedemento para realizar este trámite é o seguinte:

  1. O formulario de “declaración de equivalencia da nota media de expedientes académicos universitarios realizados en centros estranxeiros” debe ser cumprimentado coa información do expediente académico e debe seleccionarse a escala de cualificación que corresponde aos estudos realizados. Débense engadir os datos de cualificacións obtidas na escala orixinal e aparecerá de forma automática a nota media equivalente de cada unha e a nota media final do expediente académico.
  2. Terminado o devandito proceso, débese confirmar a declaración, imprimir e firmar pola persoa solicitante da bolsa a “Declaración de equivalencia de nota media”. A continuación débese escanear e achegar á plataforma informática.
  3. A declaración de equivalencia será revisada polos órganos instrutores dos procedementos, que deberán verificar os datos consignados na declaración para dar validez á mesma, e no caso de que existan erros ou contradicións, recalcularase de oficio a declaración efectuada. 
  1. Recoñecemento de equivalencia do título estranxeiro:
    Para ser admitido/a nunha universidade, no caso de títulos estranxeiros de estudos de países alleos ao Espacio Europeo de Educación Superior (EEES), deberás tramitar a solicitude de recoñecemento de equivalencia académica do título estranxeiro en España.
    Este trámite é necesario aos efectos exclusivos de cursar estudos de mestrado nunha universidade galega e debes realizalo directamente coa universidade galega onde pretendas cursar o mestrado.
  2. Declaración de equivalencia da nota media do expediente académico universitario estranxeiro:
    Un dos criterios de valoración das solicitudes destas bolsas é a nota media do expediente académico. No caso de titulacións obtidas no estranxeiro, debes presentar coa solicitude de bolsa o documento de declaración de equivalencia das notas medias de estudos e títulos universitarios realizados no estranxeiro aos correspondentes españois, que se realizará on-line a través da sede electrónica do Ministerio de Educación e Formación Profesional de España.
  • A través destes enlaces podes acceder a máis información Futuros estudantes e tamén nesta Guía (publicarase proximamente) facilítase información útil ás/aos estudantes tanto antes da viaxe como ao chegar á UDC. 

  • No caso de que necesites calquera información a maiores, podes contactar directamente a través do correo electrónico: vepeu@udc.gal

  • www.udc.es

  • A través desta ligazón (picar aquí) facilítase información útil ás/aos estudantes tanto antes da viaxe como ao chegar á USC.
  • No caso de que necesites calquera información a maiores, podes contactar directamente a través dos correos electrónicos: study.abroad@usc.esoiu@usc.es 
  • www.usc.es
  • Podes poñerte en contacto con esta Secretaría Xeral da Emigración a través do seguinte correo electrónico: retorno.emigracion@xunta.es
  • Tamén podes chamar aos seguintes teléfonos de España: +34 981 957 162 / +34 981 547 271