Que diferenza hai entre o recoñecemento de equivalencia do título estranxeiro e a declaración de equivalencia da nota media do expediente académico?

  1. Recoñecemento de equivalencia do título estranxeiro:

Para ser admitido/a nunha universidade, no caso de títulos estranxeiros de estudos de países alleos ao Espacio Europeo de Educación Superior (EEES), debe tramitar a solicitude de recoñecemento de equivalencia académica do título estranxeiro en España.
Este trámite é necesario aos efectos exclusivos de cursar estudos de Máster nunha universidade galega e debe realizalo directamente coa universidade galega onde pretenda cursar o máster.

  1. Declaración de equivalencia da nota media do expediente académico universitario estranxeiro:

Un dos criterios de valoración das solicitudes destas bolsas é a nota media do expediente académico. No caso de titulacións obtidas no estranxeiro, debe presentar coa solicitude de bolsa o documento de declaración de equivalencia das notas medias de estudos e títulos universitarios realizados no estranxeiro aos correspondentes españois, que se realizará en liña na sede electrónica do Ministerio de Universidades do Goberno de España.

Para as titulacións que constitúen un segundo ciclo de estudos equivalentes a un nivel de grao, débe presentar a declaración de equivalencia de cada un dos ciclos.