Resolución concesión: listado de persoas suplentes - Bolsas Excelencia Mocidade Exterior 2023

Listen to this page using ReadSpeaker
371 lecturas
Listados para descargar
Estado: 
Procedemento pechado

De conformidade co artigo 11 da Resolución do 3 de xaneiro de 2023, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se aproban as bases reguladoras e se convocan 250 bolsas excelencia mocidade exterior, co fin de cursar estudos de máster que se inicien no curso 2023/24 nunha universidade galega, procédese á publicación da RESOLUCIÓN do 28 de setembro de 2023, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se resolve a concesión de seis bolsas de excelencia para a mocidade do exterior (BEME) da lista de persoas suplentes, co fin de cursar estudos de máster que se inicien no curso 2023/24 nunha universidade galega (DOG n.º 191 do 6 de outubro de 2023):

Resolución no Diario Oficial de Galicia: Descargar

  1. Listado de persoas suplentes que aceptaron a bolsa e que constan no Anexo da Resolución do 30 de agosto. (Descargar)

Contra a Resolución do 28 de setembro de 2023, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se resolve a concesión de seis bolsas de excelencia para a mocidade do exterior (BEME) da lista de persoas suplentes, cabe interpoñer potestativamente recurso de reposición ante o mesmo órgano que a ditou no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Así mesmo, poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa publicación, de acordo co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Data de publicación: 
06.10.2023