Listas definitivas de persoas candidatas á bolsa, suplentes e excluídas - Bolsas Excelencia Mocidade Exterior 2025

Listen to this page using ReadSpeaker
397 lecturas
Listaxes para descargar.
Estado: 
Procedemento pechado

Según o establecido no artigo 16 da resolución do 26 de decembro de 2024, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se aprobaron as bases reguladoras e se procedeu á convocatoria de douscentas cincuenta (250) Bolsas Excelencia Mocidade Exterior (BEME), co fin de cursar estudos de máster que se inicien no curso 2025/26 nunha universidade pública galega, procédese á publicación de:

 

Proposta de resolución definitiva de persoas candidatas, suplentes e excluídas da bolsa
Descargar
Listaxe definitiva de 250 candidatos/as á bolsa (ordenada polas puntuacións outorgadas) Lista definitiva de 250 candidatos/as á bolsa (orde alfabética de apelido)
Descargar Descargar
Lista definitiva de 151 candidatos/as suplentes (ordenada polas puntuacións outorgadas) Lista definitiva de 151 candidatos/as suplentes (orde alfabética de apelido)
Descargar Descargar
Lista definitiva de 99 solicitantes de bolsa excluídos/as
Descargar

 

Nos casos de empate na puntuación obtida, deuse prioridade a quen tivese unha nota media máis alta no expediente académico, en segundo lugar á maior vinculación con Galicia, e en terceiro lugar á maior idade da persoa solicitante, segundo o establecido no artigo 15.4 da resolución da convocatoria.

IMPORTANTE:

Para poder chegar a ser beneficiario/a da bolsa débese acreditar estar matriculado/a nun máster universitario dos ofertados na convocatoria. O prazo para enviar o xustificante de matrícula a través da plataforma BEME remata o 8 de agosto de 2025 ás 23:59 h (hora peninsular española).

As 250 persoas da lista definitiva de persoas candidatas, sempre que acrediten estar matriculadas nun máster dentro do prazo sinalado no parágrafo anterior, pasarán a ser beneficiarias da bolsa. Do mesmo xeito, as persoas que figuran na lista definitiva de 151 candidatos/as suplentes, sempre que acrediten estar matriculadas neste mesmo prazo, poderían chegar a ser adxudicatarias da bolsa no caso de que houbese vacantes porque persoas da lista definitiva de admitidas non se matriculen ou desistan da súa solicitude.

Por outra banda, se algunha persoa da lista definitiva de persoas candidatas ou suplentes decide non continuar no proceso de selección desta convocatoria de bolsas, debe enviar a través da plataforma BEME un escrito de renuncia, que tamén está no menú da esquerda, na opción de “Renuncia”, para non prexudicar a outras persoas candidatas da lista de suplentes que poderían ter opción de ser bolseiras.

A mediados de agosto de 2024 publicarase unha nota informativa nesta web cos listados das persoas beneficiarias e das suplentes desta convocatoria de bolsas BEME 2025/26.

Data de publicación: 
02.07.2025
Data fin de prazo: 
08.08.2025