Que prazos establecen as universidades?

As universidades galegas establecen 2 convocatorias para realizar os trámites de preinscrición e de matrícula:

  1. CONVOCATORIA ANTICIPADA (desde xaneiro ata abril aprox.)
    Esta convocatoria anticipada está dirixida só para aqueles/as alumnos/as que teñan unha titulación estranxeira e que queren acceder aos estudos de máster nas universidades galegas (a finalidade desta convocatoria é facilitar a internacionalización). Estes/as alumnos/as tamén poden realizar posteriormente a súa admisión na convocatoria ordinaria. 
  2. CONVOCATORIA ORDINARIA  (arredor do mes de xuño e xullo aprox.)
    A convocatoria ordinaria é para os/as alumnos/as tanto con titulación española como con titulación estranxeira que queiran realizar estudios de máster nunha universidade galega.

Podes consultar os trámites e prazos de preinscrición e matrícula nas universidades así como os enlaces ás webs descargando en prazos universidades.