Resolución de concesión de bolsas da lista de persoas suplentes - Bolsas Excelencia Mocidade Exterior 2025

Listen to this page using ReadSpeaker
402 lecturas
Listas para descargar.
Estado: 
Procedemento pechado

De conformidade co artigo 11 da Resolución do 26 de decembro de 2024, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se aproban as bases reguladoras e se convocan 250 bolsas excelencia mocidade exterior, co fin de cursar estudos de máster que se inicien no curso 2025/26 nunha universidade pública galega, procédese á publicación da RESOLUCIÓN do 16 de outubro de 2025, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se resolve a concesión de oito bolsas de excelencia para a mocidade do exterior (BEME) da lista de persoas suplentes, co fin de cursar estudos de máster que se inicien no curso 2025/26 nunha universidade pública galega (DOG n.º 191 do 23 de outubro de 2024): 

Enlace DOG

  1. Lista de persoas suplentes que aceptaron a bolsa e que constan no Anexo da Resolución do 16 de outubro | Descargar

Contra a Resolución do 16 de outubro de 2025, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se resolve a concesión de oito bolsas de excelencia para a mocidade do exterior (BEME) da lista de persoas suplentes, cabe interpoñer potestativamente recurso de reposición ante o mesmo órgano que a ditou no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Así mesmo, poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa publicación, de acordo co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Data de publicación: 
24.10.2025
Data fin de prazo: 
24.10.2025