Listados definitivos de persoas candidatas á bolsa, suplentes e excluídas - Bolsas Excelencia Mocidade Exterior 2023
De acordo co establecido no artigo 16 da resolución do 3 de xaneiro de 2023, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se aprobaron as bases reguladoras e procedeuse á convocatoria de duascentas cincuenta (250) bolsas excelencia mocidade exterior (BEME 2023), co fin de cursar estudos de máster que se inicien no curso 2023/24 nunha universidade galega, procédese á publicación de:
Proposta de resolución definitiva de persoas candidatas, suplentes e excluídas da bolsa | |
Descargar | |
Listado definitivo de 250 candidatos/as á bolsa ordenado polas puntuacións outorgadas | Listado definitivo de 250 candidatos/as á bolsa ordenado por orde alfabética de apelido |
Descargar | Descargar |
Listado definitivo de 83 candidatos/as suplentes ordenado polas puntuacións outorgadas | Listado definitivo de 83 candidatos/as suplentes ordenado por orde alfabética de apelido |
Descargar | Descargar |
Listado definitivo de 161 solicitantes de bolsa excluídos/as | |
Descargar |
Nos casos de empate na puntuación obtida, deuse prioridade a quen tivera unha nota media máis alta no expediente académico, en segundo lugar á maior vinculación con Galicia, e en terceiro lugar á maior idade da persoa solicitante, segundo o establecido no artigo 15.4 da resolución da convocatoria.
IMPORTANTE:
Para poder chegar a ser beneficiario/a da bolsa débese acreditar estar matriculado/a nun máster universitario dos ofertados na convocatoria de bolsas. O prazo para enviar o xustificante de matrícula a través da plataforma de bolsas finaliza o 8 de agosto de 2023 ás 23:59 h (hora peninsular española).
As 250 persoas da listaxe definitiva de persoas candidatas, sempre que acrediten estar matriculadas nun máster dentro do prazo sinalado no parágrafo anterior, pasarían a ser beneficiarias da bolsa. Do mesmo xeito, as persoas que figuran na listaxe definitiva de 83 candidatos/as suplentes, sempre que acrediten estar matriculadas neste mesmo prazo, poderían chegar a ser adxudicatarias da bolsa no caso de que houbese vacantes porque persoas da listaxe de admitidos/as definitiva non se matriculasen ou desistisen da súa solicitude de bolsa.
Por outra banda, se algunha persoa da lista/xe definitiva de candidatos/as ou suplentes decidise non continuar no proceso de selección desta convocatoria de bolsas, debe enviar a través da plataforma de bolsas un escrito para renunciar que tamén está no menú da esquerda, na opción de “Renuncia” para non prexudicar a outros/as candidatos/as da listaxe de suplentes que poderían ter opción de ser bolseiros/as.
A mediados de agosto de 2023 publicarase unha nota informativa nesta a web coas listaxes das persoas beneficiarias dunha bolsa e dos/as suplentes desta convocatoria de BEME 2023.