Información Tributaria para residentes no Exterior e retornados/as

A Secretaría Xeral da Emigración ofrece, a través deste portal, unha serie de informacións básicas para aclarar, nunha primeira aproximación, as cuestións básicas vinculadas á tributación das rendas obtidas por persoas físicas que teñan a condición de galegos/as retornados/as ou de galegos/as no exterior.

Ademais, tamén, a través dos seguintes enlaces orientarase de xeito sinxelo e visual sobre as regras xerais existentes en relación aos principais criterios previstos para cada tipo de renda segundo os países, centrándoos nas persoas físicas.

De tódolos xeitos, hai que ter en conta que este departamento autonómico actúa cun papel meramente informativo co fin de que os/as galegos/as do exterior e os/as retornados/as poidan cumprir coas medidas tributarias do país no que residen e tamén coas de España. Para máis información será necesario dirixirse á Axencia Tributaria do Estado e ás/aos seus técnicos competentes.

Antonio Rodríguez Miranda, secretario xeral da Emigración.

Os países e a súa Información Tributaria