Declaracion de accesibilidade

A Xunta de Galicia comprometeuse a facer accesibles os seus sitios web de conformidade co Real Decreto 1112/2018, do 7 de setembro, sobre accesibilidade dos sitios web e aplicacións para dispositivos móbiles do sector público.

Esta declaración de accesibilidade aplica ao sitio web Secretaría Xeral da Emigración.

Situación do cumprimento

Este sitio web é parcialmente conforme ao RD 1112/2018 por mor das excepcións e á falta de conformidade dos aspectos que se achegan a continuación.

Contido non accesible

O contido que se recolle a continuación non é accesible polo seguinte:

  1. falta de conformidade co RD 1112/2018:
    • Poden existir problemas para percibir algúns elementos do sitio afectando ao requisito 9.1.1.1 Contido non textual de UNE-EN 301549:2020.
    • Pódense experimentar problemas no acceso ás funcionalidades dos elementos do sitio afectando ao requisito 9.2.4.4 Propósito das ligazóns (no seu contexto) de UNE-EN 301549:2020.
    • Pode non estar dispoñible algunha información relativa a elementos do sitio que afecte a comprender como usar estes elementos ou a información que proporcionan afectando ao requisito 9.3.3.2 Etiquetas ou instrucións de UNE-EN 301549:2020.
  2. carga desproporcionada: non aplica.
  3. o contido non entra dentro do ámbito da lexislación aplicable: non aplica.

Preparación da presente declaración de accesibilidade

Esta declaración foi preparada o 12/07/2022.

O método empregado para preparar a declaración foi unha autoavaliación levada a cabo polo Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).

Última revisión da declaración: 12/07/2022.

Observacións e datos de contacto

Pode realizar comunicacións sobre requisitos de accesibilidade (artigo 10.2.a do RD 1112/2018) como informar sobre posibles incumprimentos por parte deste sitio web, transmitir outras dificultades de acceso ao contido ou formular calquera outra consulta ou suxestión de mellora relativa á accesibilidade deste sitio web a través do Sistema Integrado de Atención á Cidadanía de xeito electrónico, telefónico ou presencial.

As comunicacións serán recibidas e tratadas pola Xunta de Galicia.

Procedemento de aplicación

O procedemento de reclamación recollido no artigo 13 do RD 1112/2018 entrou en vigor o 20 de setembro de 2020.

Contido opcional

Data de última revisión

A última revisión de accesibilidade foi realizada o 12/07/2022.

Ligazóns relacionadas