Resolución concesión: listado de persoas beneficiarias, suplentes e excluídas - Bolsas Excelencia Mocidade Exterior 2023

Listen to this page using ReadSpeaker
1283 lecturas
Listados para descargar
Estado: 
Procedemento pechado

De conformidade co artigo 11 da Resolución do 3 de xaneiro de 2023, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se aproban as bases reguladoras e se convocan 250 bolsas excelencia mocidade exterior, co fin de cursar estudos de máster que se inicien no curso 2023/24 nunha universidade galega, procédese á publicación da RESOLUCIÓN do 30 de agosto de 2023, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se resolve a convocatoria das bolsas de excelencia para a mocidade do exterior (BEME) (DOG n.º 171 do 8 de setembro de 2023): 

Resolución no Diario Oficial de Galicia: Descargar

  1. Listado de persoas beneficiarias das bolsas e que se relacionan no Anexo I da Resolución do 30  de agosto de 2023, da Secretaría Xeral da Emigración. (Descargar)
  • Publicación da Resolución do 13 de setembro de 2023, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se aceptan as renuncias presentadas no procedemento de Bolsas Excelencia Mocidade Exterior (Descargar)
  1. Listado de persoas suplentes das bolsas que acreditaron estar matriculadas nun máster e non foron adxudicatarias da bolsa, ordenadas segundo a puntuación outorgada, para cubrir as renuncias ou baixas que puideran producirse dalgunha persoa adxudicataria da bolsa, e que constan no Anexo II da Resolución do 30 de agosto. (Descargar)
  2. Listado de solicitudes denegadas xa que non reúnen os requisitos establecidos para poder participar nesta convocatoria ou desistiron da súa solicitude, sinalando en cada caso o motivo de denegación, e que constan no Anexo III da Resolución do 30 de agosto de 2023, da Secretaría Xeral da Emigración. (Descargar)

Contra a Resolución do 30 de agosto de 2023, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se resolve a convocatoria das bolsas de excelencia para a mocidade do exterior (BEME) cabe interpoñer potestativamente recurso de reposición ante o mesmo órgano que a ditou no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Así mesmo, poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa publicación, de acordo co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Data de publicación: 
08.09.2023