Podo solicitar a admisión ou matricularme nun máster diferente ao que sinalei na solicitude de bolsa?

Si, non hai ningún problema en que solicites a túa admisión ou te matricules nun máster diferente ao que sinalaches no formulario de solicitude da bolsa. O único importante é que sexa algún dos másteres que ofertamos na convocatoria de bolsas e que envíes o xustificante de matrícula a través da plataforma de bolsas.