Canto custa a matrícula e como se paga?

O custo da matrícula para estudos oficiais de mestrado está fixado polas universidades.
A matrícula consta de dous conceptos:

  1. Taxas administrativas ou de secretaría (apertura de expediente, seguro universitario de accidentes e asistencia en viaxes, expedición tarxeta universitaria de identidade (TUI), solicitude de equivalencia, etc.) cuxo importe oscila entre 40 € e 70 € aprox. segundo os casos. 
  2. Taxas académicas (diferenciando a rama de Experimentais e Non Experimentais):
    a) Para os títulos de mestrado da rama de Experimentais - Epígrafe A (Ciencias, Ciencias da Saúde, Enxeñería e Arquitectura), o importe sería 1.900 € aprox.
    b) Para os títulos de mestrado da rama de Non Experimentais - Epígrafe B (Arte e Humanidades e Ciencias Sociais e Xurídicas), o importe sería 1.300 € aprox.

Moi importante: Pago taxas administrativas e exención de taxas académicas

  • Os/as solicitantes das Bolsas Excelencia Mocidade Exterior, no momento de realizar a matrícula, deben marcar a casilla correspondente a que son solicitantes de bolsa e así só aboan as taxas administrativas ou de secretaría. Este abono faise normalmente mediante ingreso bancario ou mediante tarxeta bancaria de crédito ou débito .
  • Se a resolución da Bolsas Excelencia Mocidade Exterior fose favorable e se concedese a bolsa, as taxas académicas aboaríalas unha vez que estiveses en España e recibises o importe da bolsa.
  • Se a bolsa se denegase e seguises interesado/a en realizar o mestrado para o que te matriculaches, deberás aboar as taxas académicas no prazo establecido. No caso de que se che denegase e xa non estiveses interesado/a en realizar o mestrado, deberás anular a matrícula e perderías en todo caso o importe das taxas administrativas ou de secretaría.