#ACulturaSegue

A Secretaría Xeral da Emigración quere, a través da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, facer chegar á nosa colectividade do exterior os contidos creativos de interese cultural e artístico, lingüístico e turístico que se poden atopar no Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 2021. O obxectivo é continuar a promocionar a nosa lingua e a nosa cultura entre as galegas e os galegos do exterior.

Deste xeito, iremos aportando diferentes contidos audiovisuais nos que se poderá ver dende obras de teatro ata sesións musicais e proxectos formativos.