Esta bolsa é compatible con outras bolsas ou axudas? Pódese traballar?

  • Esta bolsa só é incompatible con outra bolsa ou axuda financiada por calquera Administración, institución ou ente público para cursar estudos de máster. Tamén é incompatible coas bolsas para a mocidade do exterior, co fin de cursar estudos de formación profesional de grao superior en Galicia, da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional.
  • É compatible con outras axudas (sempre que non sexan para realizar un máster), coa percepción do subsidio de emigrante retornado e co traballo tanto por conta allea como por conta propia, sempre que a súa actividade laboral lle permita cumprir coas obrigas do máster.