Que prazo teño para enviar o xustificante de matrícula?
- Para chegar a ser beneficiario/a dunha bolsa é imprescindible acreditar estar matriculado/a nun máster universitario dos ofertados nesta convocatoria, mediante o envío a través da plataforma de bolsas do xustificante de matrícula ou folla de liquidación que é un documento onde veñen as materias, créditos e importe da mesma que emite a universidade.
- O prazo para enviar este xustificante de matrícula establecerase unha vez que as universidades publiquen os prazos e calendarios de matrícula para o curso 2023/24.
- Este prazo publicarase na páxina web da Secretaría Xeral da Emigración (normalmente o prazo remata a finais de xullo ou nos primeiros días de agosto).
- MOI IMPORTANTE: Aquelas persoas que non envíen a través da plataforma este xustificante de matrícula non poden chegar a ser beneficiarias dunha bolsa.