Preguntas frecuentes - Secretaría Xeral da Emigración

GaliciaAberta - http://emigracion.xunta.gal é o portal web da Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia. Aquí pódese atopar información sobre os programas de axudas e formativos que desenvolve a SXE para os galegos e as galegas residentes no exterior así como para as persoas que decidiron retornar.

Tamén se poden consultar todas aquelas noticias que teñen que ver coa nosa diáspora e con aqueles e aquelas novos galegos e galegas que agora viven na Galicia territorial, normativa e lexislación ao respecto, ter acceso aos directorios de centros e asociacións, información diversa sobre Galicia, redes sociais, reportaxes, eventos de axenda, publicacións, etc…

Ademais da consulta habitual da nosa web, o portal GaliciaAberta - http://emigracion.xunta.gal dispón dun servizo de subscrición por correo-e co que diariamente se pode estar ao tanto das novas, axudas ou eventos de axenda publicados no portal. Este servizo pódese atopar na páxina de inicio do portal.

Así mesmo existe a posibilidade de seguir a GaliciaAberta nas redes sociais facebook, twitter, youtube e flickr.

No apartado de Organigrama pódese atopar un diagrama co organigrama e composición da SXE así como á súa estrutura orgánica.

No apartado do Rexistro da Galeguidade pódese atopar un completo directorio dos centros galegos espallados por todo o mundo, que levan a cabo diversas actividades culturais, recreativas e mesmo nalgúns casos asistenciais e sanitarias.

Tamén existe unha relación de asociacións de retornados e retornadas radicadas en Galicia, que desenvolven actividades culturais, asistencias, formativas etc…

A Secretaría Xeral da Emigración conta cun programa de axudas económicas individuais de carácter social dirixidas a galegos e galegas residentes no estranxeiro, e a determinados familiares, que se atopen en situación de precariedade económica. Estas axudas están destinadas a cubrir as necesidades básicas de subsistencia e atención socio-sanitaria.

Para obter máis información pódese remitir un correo-e a través do formulario de contacto do portal.

  • Para atopar información que pode resultar de utilidade no retorno pódese consultar o apartado de Normativa.
  • Así mesmo pódese enviar unha consulta específica, expoñendo o caso en cuestión e aportando toda a información posible a través da Oficina Virtual de Atención ao Retorno.

A Secretaría Xeral da Emigración leva a cabo anualmente unha serie de programas destinados a que os galegos e galegas residentes no exterior poidan visitar a súa terra e reencontrarse cos seus familiares fortalecendo así os seus vínculos cos seus, con Galicia e a súa realidade e a súa cultura. En función do seu lugar de residencia, da súa estancia na casa dos seus familiares ou nunha residencia de tempo libre, da súa idade, dos seus ingresos económicos etc… as persoas galegas residentes no exterior poden optar a participar nos programas de “Reencontros na terra”, “Reencontros na casa" ou no programa “Conecta con Galicia”. Pódese atopar máis información ao respecto consultando as convocatorias no apartado de Liñas de axuda.

Para solicitar apoio na busca de familiares galegos ou galegas ou documentación dos seus antepasados pódese remitir unha mensaxe de correo-e a través do Formulario de contacto do portal, especificando todos os datos posibles acerca da persoa ou persoas en cuestión como nome completo, lugar e data de nacemento, DNI, etc…