Listas provisionais de persoas candidatas á bolsa, suplentes e excluídas - Bolsas Excelencia Mocidade Exterior 2024

Listen to this page using ReadSpeaker
1975 lecturas
Listaxes para descargar.
Estado: 
Procedemento pechado

De acordo co establecido no artigo 16 da resolución do 22 de decembro de 2023, da Secretaría  Xeral da Emigración, pola que se aprobaron as bases reguladoras e se procedeu á convocatoria de duascentas cincuenta (250) bolsas excelencia mocidade exterior (BEME), co fin de cursar estudos de máster que se inicien no curso 2024/25 nunha universidade galega, procédese á publicación de:

Proposta de resolución provisional de persoas candidatas, suplentes e excluídas da bolsa
Descargar
Listaxe provisional de 250 candidatos/as á bolsa (ordenada polas puntuacións outorgadas) Lista provisional de 250 candidatos/as á bolsa (orde alfabética de apelido)
Descargar Descargar
Lista provisional de 174 candidatos/as suplentes (ordenada polas puntuacións outorgadas) Lista provisional de 174 candidatos/as suplentes (orde alfabética de apelido)
Descargar Descargar
Lista provisional de 195 solicitantes de bolsa excluídos/as
Descargar

 

Nos casos de empate na puntuación obtida, deuse prioridade a quen tivera unha nota media máis alta no expediente académico, en segundo lugar á maior vinculación con Galicia, e en terceiro lugar á maior idade da persoa solicitante, segundo o establecido no artigo 15.4 da resolución da convocatoria.

Esta proposta de resolución provisional notifícase ás persoas interesadas mediante a súa publicación nesta web, para que no prazo de cinco (5) días hábiles a contar a partir do seguinte ao da publicación, presenten as alegacións oportunas.

Unha vez transcorrido o prazo de alegacións publicaranse na web as Listaxes Definitivas.

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE ALEGACIÓNS DO 20 ao 26 XUÑO DE 2024 (ás 23.59 horas horario peninsular de España) ambos incluídos.

IMPORTANTE:
Para enviar as alegacións debe entrar na plataforma de bolsas onde realizou a solicitude da bolsa no menú da esquerda na opción “Alegación”.

Por outra banda, se algunha persoa da lista provisional de candidatos ou suplentes decidise non continuar no proceso de selección desta convocatoria de bolsas, debe enviar a través da plataforma de bolsas un escrito para renunciar que tamén está no menú da esquerda, na opción de “Renuncia”, para non prexudicar a outros/as candidatos/as ou suplentes que poderían ter opción de ser bolseiros/as.

Data de publicación: 
19.06.2024
Data fin de prazo: 
26.06.2024