Como se solicita a Bolsa?
- As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario electrónico normalizado, accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://bolsasexcelencia.xunta.gal.
- As persoas solicitantes deberán cubrir os campos do formulario que figuren na aplicación informática cos datos de identidade da documentación española e incorporar os documentos requiridos. Rematado este proceso deberán confirmar e presentar a solicitude, e procederase á anotación dunha entrada no Rexistro Electrónico da Xunta de Galicia.