Que documentación teño que enviar dixitalizada xunto coa solicitude?
- Pasaporte español / Documento Nacional de Identidade español (DNI).
- Documentación acreditativa da residencia actual no estranxeiro.
- Documentación xustificativa do tempo de residencia no estranxeiro durante un mínimo de dous anos ininterrompidos inmediatamente anteriores á data de presentación da solicitude.
- Documentación acreditativa da túa vinculación con Galicia (nacemento en Galicia / descendencia de galego/a, etc.).
- Para as persoas solicitantes nacidas no estranxeiro, documentación acreditativa da súa vinculación cun concello galego no Padrón de Españois Residentes no Estranxeiro (PERE).
- Título universitario que dea acceso ao mestrado ou certificado que acredite que o título está en trámite.
- Certificado do expediente académico de finalización de estudos universitarios.
- No caso de titulacións obtidas no estranxeiro: documento de declaración de equivalencia das notas medias de estudos e títulos universitarios realizados no estranxeiro aos correspondentes españois, que se realizará en liña a través da sede electrónica do Ministerio de Educación e Formación Profesional de España.
Esta documentación débese anexar e enviar a través da aplicación informática. É moi importante que leades con calma as explicacións que figuran neste enlace explicativo da documentación que se debe presentar, descargando aquí 'Documentación'.