A Xunta no Exterior
-
A creación da Delegación da Xunta de Galicia en Bos Aires foi aprobada polo Consello da Xunta no mes de xullo do 2007, mediante un decreto que fixa entre as súas funcións defender e garantir en Arxentina unha presenza institucionalizada do Goberno de Galicia, da súa cultura, da súa lingua, da súa economía e da cooperación exterior.
Máis información
-
A creación da Delegación da Xunta de Galicia en Montevideo foi aprobada, mediante decreto do Consello da Xunta, no mes de outubro de 2008, converténdose así na segunda oficina de representación oficial que establece o Goberno galego no exterior
Máis información
-
A Casa de Galicia en Madrid é a sede institucional da Xunta de Galicia na capital de España dende o ano 1992 e funciona como Delegación Administrativa do Goberno Galego.
Máis información
-
A Fundación Galicia Europa (FGE) é unha entidade sen ánimo de lucro creada en 1988 co fin de promover todas as accións que propicien o achegamento entre Galicia e Europa. Participada por diversas entidades públicas e privadas galegas, a Fundación está vinculada funcionalmente á Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea, da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta de Galicia.
Máis información