No caso de titulacións obtidas no estranxeiro, como tramito a declaración de equivalencia das notas medias de estudos e títulos universitarios realizados no estranxeiro aos correspondentes españois?

No caso de que a titulación de acceso ao máster se obtivera nunha universidade estranxeira, a certificación do expediente académico deberá ir acompañada da declaración de equivalencia de nota media que se obtén a través do acceso ao formulario na aplicación en liña da sede electrónica do Ministerio de Universidades do Goberno de España.

Para as titulacións que constitúen un segundo ciclo de estudos equivalentes a un nivel de grao, debese presentar a declaración de equivalencia de cada un dos ciclos.

O procedemento para realizar este trámite é o seguinte:

  1. O formulario de “declaración de equivalencia da nota media de expedientes académicos universitarios realizados en centros estranxeiros” debe ser cumprimentado coa información do expediente académico e debe seleccionarse a escala de cualificación que corresponde aos estudos realizados. Débense engadir os datos de cualificacións obtidas na escala orixinal e aparecerá de forma automática a nota media equivalente de cada unha e a nota media final do expediente académico.
  2. Terminado o devandito proceso, débese confirmar a declaración, sen que para isto sexa necesario aportar o expediente académico apostilado, e xerase un PDF que se debe achegar á plataforma informática de bolsas.
  3. A declaración de equivalencia será revisada polos órganos instrutores dos procedementos, que deberán verificar os datos consignados na declaración para dar validez á mesma, e no caso de que existan erros ou contradicións, recalcularase de oficio a declaración efectuada.