É necesario presentar os documentos universitarios legalizados ou coa apostila da Haia?

Para que un documento público estranxeiro sexa válido e recoñecido en España é necesario realizar no país que emitise o documento, o proceso de legalización ou o trámite de obtención da Apostila da Haia.

  1. Para solicitar a Bolsa que convoca esta Secretaría Xeral da Emigración, debes achegar na plataforma entre outros documentos: o seu título universitario e o seu certificado de estudos universitarios oficiais. Na convocatoria de bolsas non esiximos que estes documentos estean legalizados ou co trámite da Apostila da Haia.
  2. Ao mesmo tempo que solicita a bolsa, debe solicitar a súa admisión nalgún dos másteres que ofertamos na universidade correspondente. As universidades van esixir posteriormente que o título universitario e o certificado de estudos universitarios oficiais estea legalizado ou teña a apostila do convenio da Haia. Cada universidade establece un prazo diferente para presentar estes documentos legalizados, polo que debe comezar canto antes este trámite. Estes documentos entregaraos persoalmente unha vez que se atope en Galicia.