Preguntas frecuentes

  • 250 bolsas para cursar determinados estudos de máster que se inicien no curso 2024/25 nunha universidade galega e dirixidas a galegos/as que estean residindo no estranxeiro.
  • Podes consultar toda a información descargando en bases desta convocatoria publicadas no Diario Oficial de Galicia.

O prazo remata o día 30 de abril de 2024 ás 23:59 h (hora peninsular española).

As bolsas están dirixidas ás persoas galegas que residan no estranxeiro e teñan unha titulación universitaria de grao, licenciatura, arquitectura, enxeñaría, diplomatura, arquitectura técnica ou enxeñaría técnica. 

1) No momento de solicitar a bolsa debes cumprir necesariamente os seguintes requisitos:

  • Ter menos de 40 anos.
  • Ter a nacionalidade española. 
  • Residir fóra de España. 
  • Acreditar un mínimo de dous anos de residencia fóra de España inmediatamente anteriores á data da presentación da solicitude. 
  • Estar vinculado/a a Galicia dunha das seguintes maneiras :
    a) Ser persoa emigrante nacida en Galicia
    b) Ser persoa emigrante non nacida en Galicia, pero que residiras en Galicia de forma continuada durante 10 anos con nacionalidade española antes de emigrar .
    c) Ser descendente por consanguinidade (fillo/a, neto/a, bisneto/a...) dunha persoa nacida en Galicia.
  • Ter rematada algunha titulación universitaria de grao, licenciatura, arquitectura, enxeñaría, diplomatura, arquitectura técnica ou enxeñaría técnica ou outro expresamente declarado equivalente, que dea acceso a un máster universitario. 
  • No caso das persoas nacidas fóra de Galicia, estar vinculado/a a un concello galego no PERE (Padrón de Españois Residentes no Estranxeiro). Este requisito poderase acreditar con posterioridade á data de presentación das solicitudes.

2) Requisito que debes cumprir con carácter previo á concesión da bolsa.

  • Estar matriculado/a no curso 2024/25 nun máster universitario dos ofertados nesta convocatoria, dun mínimo de 60 créditos e na modalidade presencial ou semipresencial.
  • As Bolsas de Excelencia concédense para a realización de 95 másteres diferentes das áreas de: Artes e Humanidades, Ciencias, Ciencias da Saúde, Ciencias Sociais e Xurídicas así como Enxeñería e Arquitectura. Podes consultar a lista completa descargando o listado de másteres.
  • Estes másteres realízanse nunha das universidades públicas de Galicia: Universidade de A Coruña (campus de A Coruña e de Ferrol), Universidade de Santiago de Compostela (campus de Santiago e de Lugo) e Universidade de Vigo ( campus de Vigo, Ourense e Pontevedra).

Esta convocatoria de bolsas ten dous procedementos paralelos que cada persoa bolseira debe realizar de xeito separado:

  1. Trámite de Solicitude da bolsa á Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia.
  2. Trámite de Solicitude de admisión en algún máster dos ofertados nas universidades públicas galegas.
  • As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario electrónico normalizado, accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://bolsasexcelencia.xunta.gal.
  • As persoas solicitantes deberán cubrir os campos do formulario que figuren na aplicación informática cos datos de identidade da documentación española e incorporar os documentos requiridos. Rematado este proceso deberán confirmar e enviar a solicitude, que comporta a súa presentación e procederase á anotación dunha entrada no Rexistro Electrónico da Xunta de Galicia. Unha vez confirmada a solicitude, non poderán ser modificados ningún dos datos cubertos no formulario.
  • Ao mesmo tempo que realizas os trámites de solicitude da bolsa, debes realizar no prazo que sinale cada universidade, os trámites de preinscrición ou solicitude de praza nos másteres da túa preferencia e posteriormente cando sexas admitido/a, debes realizar o trámite de matrícula na universidade pública galega correspondente. 
  • O procedemento nas universidades realízase a través da secretaria virtual da universidade á que pertenza o máster. Estes son os pasos a seguir:
  1. Preinscrición ou solicitude de plaza/admisión no máster ou másteres do teu interese.
  2. Publicación de listados de alumnos/as admitidos/as.
  3. Matrícula nun só máster no que sexas admitido/a. 
  • Cada universidade establece diferentes prazos de admisión e debes estar en contacto directo con elas para informarte dos programas de máster da túa área de interese, así como dos prazos, requisitos e da documentación que debes achegar.

As universidades galegas establecen 2 convocatorias para realizar os trámites de preinscrición e de matrícula:

  1. CONVOCATORIA ANTICIPADA (desde xaneiro ata abril aprox.)
    Esta convocatoria anticipada está dirixida só para o alumnado que teña unha titulación estranxeira e que queira acceder aos estudos de máster nas universidades públicas galegas (a finalidade desta convocatoria é facilitar a internacionalización). Este alumnado tamén pode realizar posteriormente a súa admisión na convocatoria ordinaria. 
  2. CONVOCATORIA ORDINARIA  (arredor do mes de xuño e xullo aprox.)
    A convocatoria ordinaria é para o alumnado tanto con titulación española como con titulación estranxeira que queira realizar estudios de máster nunha universidade pública galega.

Podes consultar os trámites e prazos de preinscrición e matrícula nas universidades así como os enlaces ás webs descargando en prazos universidades.

  • Non, no momento de realizar a solicitude da bolsa, simplemente terás que encher o formulario co nome dun máster ou másteres dos ofertados na convocatoria,  da túa preferencia e nos que estás interesado/a en solicitar a túa admisión.
  • Con posterioridade, tes que solicitar na universidade a túa admisión e matricularte.

Si, non hai ningún problema en que solicites a túa admisión ou te matricules nun máster diferente ao que sinalaches no formulario de solicitude da bolsa. O único importante é que sexa algún dos másteres que ofertamos na convocatoria de bolsas e que envíes o xustificante de matrícula a través da plataforma de bolsas.

Non. A matrícula ten que ser obrigatoriamente a tempo completo, pola totalidade dos créditos do curso (mínimo 60 créditos), e en modalidade presencial ou semipresencial.

  • Para chegar a ser beneficiario/a dunha bolsa é imprescindible acreditar estar matriculado/a nun máster universitario dos ofertados nesta convocatoria,  mediante o envío a través da plataforma de bolsas do xustificante de matrícula ou folla de liquidación que é un documento onde veñen as materias, créditos e importe da mesma que emite a universidade.
  • O prazo para enviar este xustificante de matrícula establecerase unha vez que as universidades publiquen os prazos e calendarios de matrícula para o curso 2024/25. 
  • Este prazo publicarase na páxina web da Secretaría Xeral da Emigración (normalmente o prazo remata a finais de xullo ou nos primeiros días de agosto). 
  • MOI IMPORTANTE: Aquelas persoas que non envíen a través da plataforma este xustificante de matrícula non poden chegar a ser beneficiarias dunha bolsa.

As persoas solicitantes da bolsa deben enviar vía electrónica xunto coa solicitude a seguinte documentación (é moi recomendable que se envíe en formato PDF):

  1. Pasaporte español / Documento Nacional de Identidade español (DNI).
  2. Documentación acreditativa da residencia actual fóra de España.
    Este requisito pódese xustificar con calquera da seguinte documentación expedida no seu país de residencia: certificado de inscrición no Rexistro de Matrícula Consular correspondente á demarcación na que teña o seu domicilio, certificado da policía, certificado de empadroamento, constancia de residencia actual no seu concello ou localidade , acta notarial, nómina actual, etc. 
  3. Documentación xustificativa de ter residido fóra de España durante un mínimo de dous anos inmediatamente anteriores á data de presentación da solicitude.
    Este requisito  pódese acreditar con calquera da seguinte documentación: 
    - Certificado de inscrición de matrícula no Rexistro de Matrícula Consular (certificado que se pide no Consulado de España do seu país de residencia e acredita a data desde que se está inscrito/a como residente no estranxeiro ata a actualidade).
    - Contratos de traballo con prórrogas e nóminas.
    - Historia ou vida laboral (employment history).
    - Constancia de residencia nun domicilio no seu país de residencia.
    - Comprobante de pago de impostos no caso de persoas que residan en Reino Unido (council tax bill, certificate of UK fiscal residence).
  4. Documentación acreditativa da súa vinculación con Galicia, segundo o caso:
    a) Persoas nacidas en Galicia: pasaporte ou certificado de nacemento en Galicia.
    b) Persoas non nacidas en Gallicia pero que residiron en Galicia de forma continuada durante dez (10) anos con nacionalidade española antes de emigrar: histórico do Padrón municipal do/s concello/s galego/s onde residiron.
    c) Descendentes por consanguinidade dunha persoa nacida en Galicia: certificados de nacemento ou libro de familia que acrediten toda a liña de parentesco por consanguinidade, desde a persoa nacida en Galicia (avó/avoa, pai/nai...) ata o nacemento da persoa solicitante.
  5. Para as persoas solicitantes nacidas fóra de Galicia, certificado de inscrición no Padrón de españois residentes no estranxeiro (PERE), ou no seu defecto, calquera outra documentación acreditativa da súa vinculación cun concello galego. (Noutra pregunta frecuenete explícase como obtelo).
  6. Título universitario/Diploma que dea acceso ao máster ou documentación que acredite que o título/diploma está en trámite.
  7. No caso de titulacións españolas: certificado do expediente académico do título universitario realizado no que conste a nota media na escala numérica de 0-10.
  8. No caso de titulacións obtidas no estranxeiro:
    a) Certificado do expediente académico, analítico ou histórico escolar, en que consten a totalidade das materias cursadas coas cualificacións obtidas incluíndo, se for o caso, o número de créditos de cada materia, así como as materias cursadas no Ciclo Básico Común.
    b) Escala de avaliación/ cualificación e a nota mínima requirida para aprobación dunha materia: histórico escolar, analítico, regulamento universitario ou outro documento acreditativo.
    c) Documento de declaración de equivalencia das notas medias de estudos e títulos universitarios realizados no estranxeiro aos correspondentes españois, que se realizará en liña a través da sede electrónica do Ministerio de Universidades do Goberno de España. (Noutra pregunta frecuente explícase como realizala).

Este certificado do PERE (Padrón de Españois Residentes no Estranxeiro) debe solicitarse por correo electrónico ao INE (Instituto Nacional de Estadística) da provincia á que pertenza en Galicia o concello galego ao que estés vinculado/a.  Debes enviar un formulario que podes descargar aquí e enviar tamén unha copia do teu pasaporte ou DNI escaneado. O INE enviarache o certificado do PERE  en poucos días por correo electrónico.

Para máis información: sede.ine.gob.es

No caso de que a titulación de acceso ao máster se obtivera nunha universidade estranxeira, a certificación do expediente académico deberá ir acompañada da declaración de equivalencia de nota media que se obtén a través do acceso ao formulario na aplicación en liña da sede electrónica do Ministerio de Universidades do Goberno de España

O procedemento para realizar este trámite é o seguinte:

  1. O formulario de “declaración de equivalencia da nota media de expedientes académicos universitarios realizados en centros estranxeiros” debe ser cumprimentado coa información do expediente académico e debe seleccionarse a escala de cualificación que corresponde aos estudos realizados. Débense engadir os datos de cualificacións obtidas na escala orixinal e aparecerá de forma automática a nota media equivalente de cada unha e a nota media final do expediente académico.
  2. Terminado o devandito proceso, débese confirmar a declaración e xérase un PDF que se debe achegar á plataforma informática de bolsas.
  3. A declaración de equivalencia será revisada polos órganos instrutores dos procedementos, que deberán verificar os datos consignados na declaración para dar validez á mesma, e no caso de que existan erros ou contradicións, recalcularase de oficio a declaración efectuada. 

O custo da matrícula para estudos oficiais de máster está fixado polas universidades.

A matrícula consta de dous conceptos:

  1. Taxas administrativas ou de secretaría (apertura de expediente, seguro universitario de accidentes e asistencia en viaxes, expedición tarxeta universitaria de identidade-TUI, solicitude de equivalencia, etc.) cuxo importe oscila entre 40 € e 70 € aprox. segundo os casos. 
  2. Taxas académicas (diferenciando a rama de Experimentais e Non Experimentais):
    a) Para os títulos de máster da rama de Experimentais - Epígrafe A (Ciencias, Ciencias da Saúde, Enxeñería e Arquitectura), o importe sería 900 € aprox.
    b) Para os títulos de máster da rama de Non Experimentais - Epígrafe B (Arte e Humanidades e Ciencias Sociais e Xurídicas), o importe sería 600 € aprox.

Moi importante: Pago taxas administrativas e exención de taxas académicas

  • As persoas solicitantes das Bolsas Excelencia Mocidade Exterior, no momento de realizar a matrícula, deben marcar a casilla correspondente a que son solicitantes de bolsa e así só aboan as taxas administrativas ou de secretaría. Este abono faise normalmente mediante ingreso bancario ou mediante tarxeta bancaria de crédito ou débito .
  • Se a resolución da Bolsas Excelencia Mocidade Exterior fose favorable e se concedese a bolsa, as taxas académicas aboaríanse unha vez que a persoa bolseira estivese en España e se recibise o importe da bolsa.
  • Se a bolsa se denegase e xa non estiveses interesado/a en realizar o máster, deberás anular a matrícula no prazo que estableza a universidade e perderías en todo caso o importe das taxas administrativas ou de secretaría.

No mes de agosto de 2024, publicarase na web da Secretaría Xeral da Emigración unha “nota informativa” co listado das 250 persoas beneficiarias da bolsa para que preparen a súa viaxe a Galicia. Tamén se publicará o listado das 50 persoas suplentes para os casos de renuncias ou baixas das adxudicatarias.

Podes desprazarte a España unha vez que presentes a solicitude de bolsa con toda a documentación necesaria. O que é imprescindible é que no momento de solicitar a bolsa residas fóra de España. 

O importe da bolsa é o que se reflicte no seguinte cadro:

Dotación total da Bolsa

Nº Créditos ECTS

Nº cursos

Europa

Resto países

60 - 72

1

8.000 €

8.500 €

90 1,5

11.750 €

12.500 €

 

O pagamento da bolsa realizarase en dous ou tres prazos, unha vez que te atopes en Galicia, te teñas incorporado ao máster na universidade correspondente e presentes determinada documentación xustificativa:

  • O primeiro pago (6.000 €) realízase no mes do outubro/novembro de 2024.
  • O segundo pago (2.000 € / 2.500 €) realízase no mes de marzo/abril de 2025.
  • O terceiro pago, só para os másteres de 90 créditos, (3.750 € / 4.000 €) realízase no mes de outubro/ novembro de 2025.

A información detallada atópase nas bases da convocatoria.  

Coa contía asignada deberás afrontar todos os gastos que se xeren para poder realizar o máster, e en concreto:
    a) Gastos de preinscrición, administrativos e de matrícula na universidade.
    b) Viaxe desde o teu país de procedencia.
    c) Aloxamento e manutención en Galicia.
    d) Subscrición dun seguro médico, no seu caso.

No caso de que se che conceda a bolsa, ademais do seguro médico ou de accidentes universitario que terás como estudante do máster, debes ter algún tipo de cobertura sanitaria que che cubra calquera atención ou continxencia médica. Segundo o caso, pode haber distintas opcións: se resides en Europa podes solicitar a tarxeta sanitaria europea antes de viaxar a España, tamén podes tramitar en España a asistencia sanitaria pública como residente en España ou tamén podes contratar un seguro médico privado.

  • Esta bolsa só é incompatible con outra bolsa ou axuda financiada por calquera Administración, institución ou ente público para cursar estudos de máster. Tamén é incompatible coas bolsas para a mocidade do exterior co fin de cursar estudos de formación profesional de grao superior en Galicia, da Consellería de Cultura, Educación e Universidade.
  • Polo tanto, é compatible con outras axudas que non sexan para realizar un máster ou coa percepción do subsidio de emigrante retornado/a e tamén pódese traballar e percibir un salario (conta allea ou conta propia).
  1. Recoñecemento de equivalencia do título estranxeiro:
    Para ser admitido/a nunha universidade, no caso de títulos estranxeiros de estudos de países alleos ao Espazo Europeo de Educación Superior (EEES), deberás tramitar a solicitude de recoñecemento de equivalencia académica do título estranxeiro en España.
    Este trámite é necesario aos efectos exclusivos de cursar estudos de máster nunha universidade galega e debes realizalo directamente coa universidade galega onde pretendas cursar o máster.
  2. Declaración de equivalencia da nota media do expediente académico universitario estranxeiro:
    Un dos criterios de valoración das solicitudes destas bolsas é a nota media do expediente académico. No caso de titulacións obtidas no estranxeiro, debes presentar coa solicitude de bolsa o documento de declaración de equivalencia das notas medias de estudos e títulos universitarios realizados no estranxeiro aos correspondentes españois, que se realizará en liña na sede electrónica do Ministerio de Universidades do Goberno de España.

Para que un documento público estranxeiro sexa válido e recoñecido en España é necesario realizar no país que emitise o documento o proceso de legalización ou o trámite de obtención de Apostila da Haia. 

  1. Para solicitar a Bolsa que convoca esta Secretaría Xeral da Emigración, debes achegar na plataforma entre outros documentos: o teu título universitario e o teu certificado de estudos universitarios oficiais. Na convocatoria de bolsas non esiximos que estes documentos estean legalizados ou co trámite de Apostila da Haia.
  2. Ao mesmo tempo que solicitas a bolsa, debes solicitar a túa admisión nalgún dos másteres que ofertamos na universidade correspondente. As universidades van esixir posteriormente que o título universitario e o certificado de estudos universitarios oficiais estea legalizado ou teña apostila do convenio da Haia. Cada universidade establece un prazo diferente para presentar estes documentos legalizados, polo que debes comezar canto antes este trámite. Estes documentos entregaralos persoalmente unha  vez que te atopes en Galicia.
  • A través desta ligazón facilítase información útil ás/aos estudantes tanto antes da viaxe como ao chegar á USC. 
  • No caso de que necesites calquera información a maiores, podes contactar directamente a través do correo electrónico: study.abroad@usc.es / oiu@usc.es
    Tamén podes contactar coas Unidades de Xestión Académica (UXA):
    -Campus Vida (Santiago sur): uxa.sur@usc.es
    -Campus Universitario Norte (Santiago norte): uxa.norte@usc.es
    -Campus Universitario de Lugo: uxa.lugo@usc.es
  • www.usc.gal
  • A través da ligazón Futuros estudantes podes acceder a información útil ás/aos estudantes tanto antes da viaxe como ao chegar á UDC. 
  • No caso de que necesites calquera información a maiores, podes contactar directamente a través do correo electrónico: vepem@udc.gal
  • www.udc.es
  • Podes poñerte en contacto con esta Secretaría Xeral da Emigración a través do seguinte correo electrónico: beme.emigracion@xunta.gal
  • Tamén podes chamar aos seguintes teléfonos de España: +34 981 957162 / +34 981 547271

GaliciaAberta - http://emigracion.xunta.gal é o portal web da Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia. Aquí pódese atopar información sobre os programas de axudas e formativos que desenvolve a SXE para os galegos e as galegas residentes no exterior así como para as persoas que decidiron retornar.

Tamén se poden consultar todas aquelas noticias que teñen que ver coa nosa diáspora e con aqueles e aquelas novos galegos e galegas que agora viven na Galicia territorial, normativa e lexislación ao respecto, ter acceso aos directorios de centros e asociacións, información diversa sobre Galicia, redes sociais, reportaxes, eventos de axenda, publicacións, etc…

Ademais da consulta habitual da nosa web, o portal GaliciaAberta - http://emigracion.xunta.gal dispón dun servizo de subscrición por correo-e co que diariamente se pode estar ao tanto das novas, axudas ou eventos de axenda publicados no portal. Este servizo pódese atopar na páxina de inicio do portal.

Así mesmo existe a posibilidade de seguir a GaliciaAberta nas redes sociais facebook, twitter, youtube e flickr.

No apartado de Organigrama pódese atopar un diagrama co organigrama e composición da SXE así como á súa estrutura orgánica.

No apartado do Rexistro da Galeguidade pódese atopar un completo directorio dos centros galegos espallados por todo o mundo, que levan a cabo diversas actividades culturais, recreativas e mesmo nalgúns casos asistenciais e sanitarias.

Tamén existe unha relación de asociacións de retornados e retornadas radicadas en Galicia, que desenvolven actividades culturais, asistencias, formativas etc…

A Secretaría Xeral da Emigración conta cun programa de axudas económicas individuais de carácter social dirixidas a galegos e galegas residentes no estranxeiro, e a determinados familiares, que se atopen en situación de precariedade económica. Estas axudas están destinadas a cubrir as necesidades básicas de subsistencia e atención socio-sanitaria.

Para obter máis información pódese remitir un correo-e a través do formulario de contacto do portal.

  • Para atopar información que pode resultar de utilidade no retorno pódese consultar o apartado de Normativa.
  • Así mesmo pódese enviar unha consulta específica, expoñendo o caso en cuestión e aportando toda a información posible a través da Oficina Virtual de Atención ao Retorno.

A Secretaría Xeral da Emigración leva a cabo anualmente unha serie de programas destinados a que os galegos e galegas residentes no exterior poidan visitar a súa terra e reencontrarse cos seus familiares fortalecendo así os seus vínculos cos seus, con Galicia e a súa realidade e a súa cultura. En función do seu lugar de residencia, da súa estancia na casa dos seus familiares ou nunha residencia de tempo libre, da súa idade, dos seus ingresos económicos etc… as persoas galegas residentes no exterior poden optar a participar nos programas de “Reencontros na terra”, “Reencontros na casa" ou no programa “Conecta con Galicia”. Pódese atopar máis información ao respecto consultando as convocatorias no apartado de Liñas de axuda.

Para solicitar apoio na busca de familiares galegos ou galegas ou documentación dos seus antepasados pódese remitir unha mensaxe de correo-e a través do Formulario de contacto do portal, especificando todos os datos posibles acerca da persoa ou persoas en cuestión como nome completo, lugar e data de nacemento, DNI, etc…