Que requisitos debo cumprir?

1) No momento de solicitar a bolsa debes cumprir necesariamente os seguintes requisitos:

  • Ter menos de 40 anos.
  • Ter a nacionalidade española. 
  • Residir fóra de España. 
  • Acreditar un mínimo de dous anos de residencia fóra de España inmediatamente anteriores á data da presentación da solicitude. 
  • Estar vinculado/a a Galicia dunha das seguintes maneiras :
    a) Ser emigrante nacido/a en Galicia
    b) Ser emigrante non nacido/a en Galicia, pero que residiras en Galicia de forma continuada durante 10 anos con nacionalidade española antes de emigrar .
    c) Ser descendente por consanguinidade (fillo/a, neto/a, bisneto/a...) dunha persoa nacida en Galicia, sempre que a persoa solicitante  da bolsa nacera no estranxeiro.
  • Ter rematada algunha titulación universitaria de grao, arquitecto/a, enxeñeiro/a, licenciado/a, arquitecto/a técnico/a, diplomado/a, enxeñeiro/a técnico/a ou outro expresamente declarado equivalente, que dea acceso a un máster universitario. 
  • No caso das persoas descendentes de galegos/as e nacidas no estranxeiro, estar vinculado/a a un concello galego no PERE (Padrón de Españois Residentes no Estranxeiro). Este requisito poderase acreditar con posterioridade á data de presentación das solicitudes.

2) Requisito que debes cumprir con carácter previo á concesión da bolsa.

  • Estar matriculado/a no curso 2023/24 nun máster universitario dos ofertados nesta convocatoria, dun mínimo de 60 créditos e na modalidade presencial ou semipresencial.