Vivo fóra de Galicia e quero coñecer/visitar a miña terra e a dos/as meus antepasados/as; hai algunha axuda por parte do goberno galego?

A Secretaría Xeral da Emigración leva a cabo anualmente unha serie de programas destinados a que os galegos e galegas residentes no exterior poidan visitar a súa terra e reencontrarse cos seus familiares fortalecendo así os seus vínculos cos seus, con Galicia e a súa realidade e a súa cultura. En función do seu lugar de residencia, da súa estancia na casa dos seus familiares ou nunha residencia de tempo libre, da súa idade, dos seus ingresos económicos etc… as persoas galegas residentes no exterior poden optar a participar nos programas de “Reencontros na terra”, “Reencontros na casa" ou no programa “Conecta con Galicia”. Pódese atopar máis información ao respecto consultando as convocatorias no apartado de Liñas de axuda.