Ciclo Mestre Mateo de cine galego

O Ciclo Mestre Mateo xurde da colaboración entre a Secretaría Xeral da Emigración, a Academia Galega do Audiovisual e as entidades galegas do exterior que permitirá achegar o cine feito en Galicia e, en concreto, os oito filmes finalistas nas categorías de Mellor Longametraxe e Mellor Documental dos XX Premios Mestre Mateo aos galegos e galegas residentes fóra de Galicia.

A Asociación Cultural Galega 'De Berlín Son', o Instituto Argentino Gallego Santiago Apóstol de Bos Aires, a Hermandad Gallega de Venezuela, o Centro Galego de Londres, o Centro Gallego de Madrid, o Centro Gallego de Montevideo, o Lar Gallego de Sevilla e o Centro Galego de Tarragona serán as entidades que organizarán as proxeccións do Ciclo Mestre Mateo, que terán unha periodicidade mensual de marzo a decembro (salvo xullo e agosto), de xeito que se poida dar a coñecer na Galicia do exterior o labor do sector audiovisual galego.

Infórmate sobre as cidades e filmes do CICLO MESTRE MATEO