Glosario comezando con V

Faga clic nunha das letras de arriba para ir á páxina de todos os termos que comezan con esa letra.
Validar

1. Confirmar ou revalidar, especialmente os actos xurídicos. 2. Nun país, institución, facultade, sección, etc., dar validez académica a estudos aprobados noutro país, institución, etc.

Vía de constrinximento

1. Mandamento de autoridade xudicial para compeler ao pagamento dalgunha cantidade, ou ao cumprimento de outro acto obrigatorio. 2. Procedemento executivo que seguen as autoridades administrativas e axentes de Facenda para o cobro de impostos ou descubertos a favor desta ou de entidades a que se estende o seu privilexio.