Glosario comezando con I
- Idade
-
Tempo que viviu unha persoa ou certos animais ou vexetais.
- IGVS
-
Instituto Galego de Vivenda e Solo.
- Inmigrante
-
Persoa que chega a un país distinto do propio para establecerse nel.
- INSALUD
-
Siglas de Instituto Nacional da Saúde. Entidade xestora da Seguridade Social.
- Inscrición
-
Efecto de tomar razón, nalgún rexistro, dos documentos ou das declaracións que teñen que asentarse nel segundo as leis.
- Instancia
-
Solicitude cursada por escrito segundo unhas fórmulas determinadas, especialmente a dirixida a unha autoridade ou institución.
- Instar
-
Apretar ou urxir a pronta execución de algo.
- Integración
-
1. Reunión de persoas e recursos materiais, financeiros e técnicos necesarios para o cumprimento dos obxectivos definidos na estrutura dos programas. 2. Incorporación ou unión a un todo, especialmente se se consegue a adaptación a el, neste caso, socialmente.
- Interculturalidade
-
Relación establecida entre distintas culturas.
- Interpelación
-
Requirir, compeler ou simplemente preguntar a alguén para que dea explicacións ou descargos sobre un feito calquera.
- Investimento
-
Colocación ou emprego dunha cantidade de diñeiro con fins produtivos.
- IPC
-
Siglas de Índice de Prezos ao Consumo. Referente económico empregado para adecuar a evolución que sofren as distintas magnitudes monetarias polo transcurso do tempo (salarios, bases de cotización...).
- IRPF
-
Siglas de Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas. Imposto directo que grava a renda das persoa físicas, calquera que sexa a súa procedencia. O suxeito pasivo deste imposto é a unidade familiar e téñense en conta as súas características (como o número de fillos...) na determinación da débeda tributaria.
- IVE
-
Siglas de Imposto sobre o Valor Engadido. Imposto sobre o consumo que grava as transaccións comerciais, os servizos, as importacións, etc.