Glosario comezando con X

Faga clic nunha das letras de arriba para ir á páxina de todos os termos que comezan con esa letra.
Xornada laboral

Tempo de traballo efectivo que o traballador ten que dedicar á realización da actividade para a que foi contratado. A duración máxima establecida legalmente é de 40 horas semanais de promedio en cómputo anual.

Xulgar

Deliberar, quen ten autoridade para iso, acerca da culpabilidade dalgún, ou da razón que lle asiste nun asunto, e sentenciar o que proceda.

Xuro

Remuneración dun capital emprestado.

Xuíz

Persoa que ten autoridade e potestade para xulgar e sentenciar.