Glosario comezando con G

Faga clic nunha das letras de arriba para ir á páxina de todos os termos que comezan con esa letra.
Galeguidade

Para os efectos da Lei 4/1983, do 15 de xuño, de Recoñecemento da Galeguidade, este termo refírese ao dereito das comunidades galegas asentadas fóra de Galicia a colaborar e compartir a vida social e cultural do pobo galego.

Garantir

Dar garantía, afianzar o estipulado.

Garda

Persoa que ten ao seu cargo a conservación dalgo.

Gobernamental

Pertencente ou relativo ao goberno do Estado.

Grao

Cada un dos diversos estados, valores ou calidades que, en relación de menor a maior, pode ter algo.

Grao de parentesco

A distancia que existe entre parentes determínase segundo graos. Cada xeración forma un grao e a serie de graos forma unha liña que pode ser recta, se as persoas descenden unhas doutras, e colateral cando proceden dun toro común.

Gravidade

Grandeza, importancia.

Grupo profesional

Sistema que agrupa unitariamente as aptitudes profesionais, titulacións e contido xeral da profesión, de xeito que dentro del teñen cabida tanto diversas categorías profesionais como distintas funcións ou especialidades profesionais.