Glosario comezando con B
- Bacharelato
-
1. Estudos de ensino secundario que preceden aos superiores. 2. Grao ou título académico que se obtén ao concluír os ditos estudos.
- Baixa laboral
-
Tempo outorgado a un traballador/a en casos de enfermidade, accidente, etc.
- Base impoñible
-
Cantidade expresiva dunha capacidade económica determinada, sobre a que se calcula o pagamento dos tributos. Por exemplo, no IRPF, a base impoñible estará constituída polo importe da renda dispoñible do contribuínte, expresión da súa capacidade económica (rendementos netos do traballo, do capital, de actividades económicas e imputacións de renda, menos o mínimo persoal e familiar).
- Base liquidable
-
Resultado de practicar sobre a base impoñible as reduccións establecidas pola lei para cada tributo. Estas reducións obedecen á vontade do lexislador de beneficiar ou conceder un trato de favor a determinados contribuíntes e, cando estas non existen na correspondente normativa, a base impoñible e a liquidable coinciden plenamente. No IRPF, aplícanse as seguintes reducións: por achegas a mutualidades e plans de pensións e por pensións compensatorias a favor do cónxuxe e anualidades por alimentos que non sexan a favor dos fillos, fixadas por decisión xudicial.
- Ben inmoble
-
Terras, edificios, camiños, construcións e minas, canteiras, diques, xunto cos adornos ou artefactos incorporados, así como os dereitos aos cales atribúe a lei esta consideración.
- Ben moble
-
Os que, por oposición aos inmobles, se caracterizan pola súa mobilidade e posibilidade de traslación, e certos dereitos aos que as leis otorgan esta condición, tales como rendas ou pensións, títulos representativos dos préstamos hipotecarios e contratos sobre servizos públicos.
- Beneficiario
-
Persoa acredora dunha determinada prestación.
- BOE
-
Siglas de Boletín Oficial do Estado.
- Bolsa
-
Axuda económica para realizar estudos ou investigacións.
- Bolseiro
-
Persoa que desfruta dunha bolsa para estudos.