Glosario comezando con S

Faga clic nunha das letras de arriba para ir á páxina de todos os termos que comezan con esa letra.
Salario

Conxunto de percepcións económicas dos traballadores recibidas pola prestación de servizos laborais por conta allea que retribúan ben o traballo efectivo -calquera que sexa a forma de remuneración-, ben os períodos de descanso computables como de traballo.

Salario mínimo interprofesional

O que establece a lei como retribución mínima para calquera traballador.

Secretario

Persoa que por oficio público dá fe de escritos e actos.

Secretaría

Sección dun organismo, institución, empresa, etc., ocupada das tarefas administrativas.

Sector urbano

Subdivisión de determinados núcleos de poboación, xusto os que polo seu grande tamaño requiren unha diferenciación singular máis desagregada.

Sede

Lugar onde ten o seu domicilio unha entidade económica, literaria, deportiva, etc.

Sen prexuízo

Deixando a salvo.

Sinatura

Nome e apelido, ou título, que unha persoa escribe da súa propia man nun documento, para darlle autenticidade ou para expresar que aproba o seu contido.

Solicitude

Dilixencia ou instancia cuidadosa na que se solicita algo.

Subministración

Abastecemento do que se considera necesario.

Subvención

Axuda económica, xeralmente oficial, para costear ou soster o mantemento dunha actividade.

Supervisión

Verificación e comprobación das actividades emprendidas no desenvolvemento dun proceso sistemático de traballo, acorde con programas e proxectos formulados previamente.