Glosario comezando con D

Faga clic nunha das letras de arriba para ir á páxina de todos os termos que comezan con esa letra.
Data

Nota ou indicación do lugar e tempo en que se fai ou sucede algo e especialmente, a que se pon a comezo ou fin dunha carta ou de calquera outro documento.

Datos administrativos

Os recollidos e elaborados polas distintas Administracións do Estado para o desempeño das súas atribucións. Empréganse para o seu posible emprego na toma de decisións con respecto a suxeitos individuais.

Deber

Ter unha débeda.

Decisión

1. Sentenza dun xuíz ou dun tribunal, e nela, especialmente, o pronunciamento decisivo ou imperativo. 2. Determinación tomada por persoa competente sobre calquera asunto dubidoso o disputado.

Decreto

Decisión dun gobernante ou dunha autoridade, ou dun tribunal ou xuíz, sobre a materia ou negocio en que teñan competencia.

Decreto lexislativo

Decreto que pode empregar o Goberno para ditar normas en materia delegada polas Cortes, sobre materias que non precisan ser reguladas por lei orgánica (artigos 82 e 85 da Constitución Española).

Decreto-lei

Disposición de carácter lexislativo que, sen ser sometida ao órgano adecuado, se promulga polo poder executivo, en virtude dalgunha excepción circunstancial ou permanente, previamente determinada.

Dedución

Beneficio fiscal que minora a cota dun tributo que establece a lexislación co obxecto de cumprir determinadas finalidades de política económica e social e incentivar os investimentos.

Deputación provincial

Corporación elixida para dirixir e administrar os intereses dunha provincia.

Deputado

Persoa nomeada por elección popular como representante nunha cámara lexislativa, nacional, rexional ou provincial.

Derrogar

Abolir, anular unha norma establecida, como unha lei ou un costume.

Desafectación

Declaración formal ou tácita de que un ben de dominio público queda desvinculado de uso ou servizo público.

Desafiuzamento

Acción legal pola que se despide ao inquilino ou arrendatario.

Despesa

Gasto, cantidade que se gastou ou se gasta.

Dictame

Opinión e xuízo que se forma ou emite sobre algo.

Dividendo

Parte dos beneficios xerados por unha sociedade ou as reservas constituídas que se distribúen entre os socios como consecuencia da súa participación no capital social. A dita distribución efectúase proporcionalmente á porcentaxe de cada socio.

Diáspora

Dispersión de grupos humanos que abandonan o seu lugar de orixe.

Doazón

Liberalidade de alguen que transmite gratuitamente algo que lle pertence a favor doutra persoa que o acepta.

DOCE

Siglas de Diario Oficial das Comunidades Europeas.

Documento administrativo

Soporte en que se materializan os distintos actos da Administración Pública, a forma externa dos ditos actos.

Domicilio fiscal

Lugar no que legalmente se considera establecido alguén para o cumprimento das súas obrigas e o exercicio dos seus dereitos.

Domicilio social

Domicilio dunha empresa ou establecemento.

Débeda

Obriga que alguén ten de pagar, satisfacer ou reintegrar a outra persoa algo, polo común diñeiro.

Día hábil

O utilizable para as actuacións xudiciais, que é normalmente o non festivo, agás nos sumarios do criminal e en casos extraordinarios do civil.

Día inhábil

Xornada non válida procesal ou administrativamente para a realización de actos con plena eficacia xurídica.

Día laborable

Xornada na que se presta a pertinente relación laboral, para os efectos de cómputo de distintos prazos.

Día natural

Todos os días, incluídos os festivos.

Dúbida

Suspensión ou indeterminación do ánimo entre dous xuízos ou dúas decisións, ou ben acerca dun feito ou unha nova.