Novas
Buscador
-
O Secretario Xeral da Emigración subliña que cada emigrante galego representa “a mellor embaixada” de Galicia no extranxeiro.
29.10.2010
audio
Santiago Camba recibiu aos 132 galegos residentes en Arxentina, Brasil, Cuba e Uruguai que participan nunha nova edición do programa “Reencontros na Terra”. Os participantes pasarán tres meses en Galicia co obxectivo de redescubrir as súas raíces e coñecer a actualidade da súa terra de orixe. O Secretario Xeral da Emigración, Santiago Camba,... Máis información
-
Feijóo expresa o seu pesar pola morte do ex presidente arxentino Néstor Kirchner, e envía o saúdo agarimoso do pobo galego a toda a nación arxentina.
28.10.2010
audio
O presidente galego destaca os fortes vínculos que unen Arxentina e Galicia, “dúas terras irmás”. O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, expresou este xoves o seu profundo pesar pola morte do ex presidente arxentino Néstor Kirchner. O titular do Goberno galego trasladoulle á familia Kirchner, e en especial á súa esposa e actual presidenta... Máis información
-
Preseleccionada a curtametraxe dun director galego para os Oscar
26.10.2010
audio
«El vendedor del año», de Coté Adoitar, foi galardoado en diversos festivais dende a súa estrea o pasado marzo. A curtametraxe do director galego Coté Adoitar, «El vendedor del año», está entre os preseleccionados para os Oscar 2011 tras recibir o galardón á mellor curta no Festival de Cine Internacional de Montreal, en Canadá. A película, de... Máis información
-
Chegan a Galicia os primeiros 132 participantes do programa "Reencontros na Terra 2010"
25.10.2010
audio
Un total de 190 persoas participarán na nova edición desta iniciativa organizada pola Secretaría Xeral da Emigración. Nesta primeira quenda visitarán Galicia 60 persoas procedentes de Arxentina, 11 de Brasil, 9 de Cuba e 52 procedentes de Uruguai. A finalidade do programa é que os participantes redescubran as súas raíces e coñezan a Galicia actual... Máis información
-
O Delegado da Xunta de Galicia en Bos Aires augura "unha nova etapa na cooperación ao desenvolvemento entre Galicia e Arxentina"
25.10.2010
audio
López Dobarro clausurou este venres o "Curso de Formación para axentes de cooperación en entidades galegas". Trátase de incluír as asociacións de emigrantes como actores e impulsores de proxectos de cooperación. Os seminarios foron impartidos por representantes gobernamentais, de organizacións sindicais e sociais. O Delegado do Goberno galego en... Máis información
-
O grupo galego Milladoiro celebra 30 anos nos escenarios
22.10.2010
audio
A formación levou a cabo un labor de recuperación da tradición musical galega. O grupo de folk galego Milladoiro celebrou os seus 30 anos nos escenarios cun concerto o 21 de outubro no centro cultural de Caixa Cantabria, en Santander. O grupo naceu a finais da década dos 70 da unión da formación tradicional "Faíscas do Xiabre" cos músicos Antón... Máis información
-
Igualdade e Emigración asinaron con oito ONGs convenios para apoiar a mulleres inmigrantes vítimas de prostitución ou trata
22.10.2010
audio
A colaboración coas oito ONGs ten como obxectivo desenvolver un programa de atención a mulleres inmigrantes en situación de prostitución e vítimas de trata con fins de explotación sexual, coa finalidade de apoiar a súa recuperación e a integración social e laboral. A secretaria xeral da Igualdade sinalou que se busca axilizar a aplicación dos... Máis información
-
A difusión internacional da lingua galega avanza coa apertura dun novo Centro de Estudos Galegos en Alemaña
22.10.2010
audio
Política Lingüística fixo posible que a Universidade de Leipzig promova desde o presente curso académico a proxección exterior do idioma e da cultura de Galicia. O responsable da secretaría xeral, Anxo Lorenzo, e o catedrático de Filoloxía Galega e académico Ramón Lorenzo participaron esta semana na inauguración deste centro de estudo. A... Máis información
-
Ponte Caldelas e o "Centro Gallego de México" reciben o premio Entreculturas
18.10.2010
audio
O concello foi elixido pola relación de apoio que mantén co seu colectivo de emigrantes en Brasil. O Concello de Ponte Caldelas e o Centro Galego de México foron galardoados co premio Entreculturas, concedido dende hai seis anos pola Deputación de Pontevedra. A finalidade do premio é recoñecer o compromiso co coñecemento dos pobos e a integración... Máis información
-
Fotografías e relatos da emigración nunha mostra en Nigrán
18.10.2010
audio
Un traballo de investigación recolleu testemuños de persoas que marcharon nos anos 50 e que retornaron para vivir no municipio pontevedrés. O fenómeno da emigración nos anos 50 e 70 e o retorno a Galicia son os temas dunha mostra que se expón no Centro Comercial Ramallosa Siglo XXI, situado no municipio pontevedrés de Nigrán. Os paneis son o... Máis información
Páxinas |