Novas
Buscador
-
O Centro Galego de Lisboa inaugura unha exposición sobre arquitectura histórica.
23.11.2010
audio
A mostra «Espazos Revelados» estará aberta do 21 de decembro ata o 14 de xaneiro. O Centro Galego de Lisboa inaugura o 21 de decembro a exposición "Espacios Revelados. Novas miradas sobre arquitectura histórica", organizada pola Fundación de Casas Históricas e Singulares. A mostra reúne fotografías realizadas por Beatriz Romero e Bernardo Aja de... Máis información
-
Camba: “Hoxe os cidadáns galegos de Bos Aires, Montevideo, México e Venezuela xa poden viaxar a Galicia coa seguridade de que van recibir a mesma atención sanitaria que calquera outro cidadán galego”.
22.11.2010
audio
O Secretario Xeral da Emigración asinou o pasado venres un convenio coa Hermandad Gallega de Venezuela para facilitarlles a tramitación da tarxeta sanitaria aos galegos residentes no país. Asegura que a tarxeta sanitaria para galegos residentes no exterior é “unha acción positiva de goberno que consolidará esa relación especial dos cidadáns... Máis información
-
Santiago Camba: “Galicia necesita dos seus fillos no exterior para configurar o seu papel na historia que nos tocou vivir”.
22.11.2010
audio
O Secretario Xeral da Emigración inaugurou en Caracas o "Congreso da Xuventude Galega e descendentes residentes en Venezuela", no que participaron máis dun cento de mozos e mozas. “Non creo que Galicia sexa unha realidade circunscrita as súas fronteiras físicas, senón que ao contrario vemos á nosa terra como unha realidade humana con... Máis información
-
Os máis de 10.000 visitantes da Expolingua Berlín tiveron ocasión de achegarse á lingua galega durante a fin de semana.
22.11.2010
audio
Política Lingüística organizou diversos cursos de iniciación ao galego e informou sobre as múltiples posibilidades para aprender o idioma no estranxeiro. A feira internacional das linguas e das culturas clausurouse este domingo. Minicursos de iniciación á lingua galega, datos sobre a historia e a situación actual do idioma, información sobre os... Máis información
-
Preto de 90.000 persoas visitaron a exposición “Olladas no Camiño de Santiago. Xacobeo 2010” en Rosario (Arxentina).
22.11.2010
audio
Entre o 5 e o 14 deste mes estivo exposta ao público na Festa Nacional das Colectividades e este venres abriuse no Centro Galego de Rosario. O Delegado da Xunta de Galicia foi o encargado de inaugurar a mostra composta por 40 imaxes sobre o Xacobeo 2010. López Dobarro asinou no Libro de Ouro do centro, mantivo un encontro coa comisión directiva e... Máis información
-
Un documental saca á luz a historia da comunidade española en Nova York.
19.11.2010
audio
«Little Spain» reconstrúe a vida dos que abandonaron España para «buscar un futuro mellor» na Gran Mazá, como o fixeron moitos galegos. O cineasta Artur Balder lanzou o documental Little Spain, que conta a descoñecida historia da presenza española en Manhattan, onde se creou unha das comunidades de maior arraigamento en Nova York nos séculos XIX... Máis información
-
Santiago Camba salienta o compromiso da Xunta cos emigrantes galegos para que en todas as viaxes “á nosa terra estean amparados pola cobertura do Servizo Galego de Saúde”
18.11.2010
audio
O Secretario Xeral da Emigración recibiu este mércores a 135 participantes nos programas "Reencontros na terra" e "Ven a Galicia, ben en Galicia". Sinala que coa tarxeta Galicia-saúde exterior se cumpre o desexo, “tantas veces defendido, de que todos os galegos residentes no exterior conten coa máxima cobertura nas súas viaxes a Galicia”. Agradece... Máis información
-
A Biblioteca Galega de Bos Aires acolle unha conferencia sobre Rosalía de Castro.
17.11.2010
audio
O filólogo coruñés Diego Pardo Amado ensinará o lado culto, feminista e revolucionario da poetisa. O sábado 20 de novembro, o licenciado en Filoloxía Galega Diego Pardo Amado pronunciará a conferencia Rosalía sempre viva. Viva Rosalía! no Salón Arturo Cuadrado da Biblioteca Galega de Bos Aires Antonio Pérez-Prado (Chacabuco, 955). Tamén... Máis información
-
O Metropolitan de Nova York acolleu este sábado a presentación da maqueta virtual da catedral románica de Santiago do Ano 1211.
15.11.2010
audio
A presentación enmárcase dentro dunha serie de actividades do Museo que, co título Sunday at MET, dedica algúns dos domingos do ano a tratar un tema de xeito monográfico, mediante conferencias, concertos e outras actividades. Nesta ocasión acollerá o proxecto “Celebrating the Cathedral of Santiago de Compostela”. O director xerente da S.A. de... Máis información
-
A Secretaría Xeral da Emigración incrementa o número de axudas económicas individuais a emigrantes.
15.11.2010
audio
En 2010 concedéronse 7.208 prestacións a galegos e galegas residentes no exterior fronte ás 5.046 do ano 2007. As partidas destinadas a este programa sufriron leves incrementos pese ás restricións orzamentarios da Administración autonómica motivadas pola crise. A Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia incrementa o número de axudas... Máis información
Páxinas |