Os fillos de emigrantes galegos restauran unha autoestrada construída polos seus antepasados nos EE.UU.

Numerosos galegos traballaron nas obras da Blue Ridge Parkway, que duraron preto de 30 anos.

Listen to this page using ReadSpeaker

Unha firma de emigrantes galegos residentes en Estados Unidos está a traballar na restauración da autoestrada Blue Ridge Parkway, que se estende ao longo de máis de 700 quilómetros entre os estados de Virxinia e Carolina dO Norte. A estrada, que cumpre 75 anos, construíuse co esforzo de varios emigrantes galegos ao longo das tres décadas que duraron a obra.

José Cerdeira está á fronte da empresa Espina Stone e coñeceu máis de oitenta galegos que participaron na obra de Blue Ridge, como o seu avó. Nos anos 70, seguiu os pasos do seu pai e deixou o pobo de Sixto, en Forcarei, para establecerse nos Estados Unidos. Actualmente, traballa con outros funcionarios de Espina Stone -entre eles 15 galegos- retirando as pedras dos muros deteriorados da autoestrada.

«Un segue esta tradición dos antepasados e é un orgullo poder seguir os pasos dos nosos pais, avós e amigos que traballaron moi duro», comenta Cerdeira, que mantén a tradición da cantería, oficio polo que os galegos son recoñecidos nos Estados Unidos de América.

1561 lecturas