Novas
Buscador
-
O Secretario Xeral da Emigración avoga pola coordinación das entidades galegas no exterior para unir esforzos, conseguir unha maior eficiencia económica e evitar así a perda “do patrimonio material e inmaterial da nosa emigración”.
15.11.2010
audio
Santiago Camba asistiu en Barcelona á celebración do XX aniversario da Federación de Entidades Culturais Galegas de Cataluña, que engloba a máis da metade do total de centros e asociacións galegas da comunidade catalá. O Secretario Xeral da Emigración, Santiago Camba, avogou este sábado pola coordinación das entidades galegas no exterior co... Máis información
-
Emigración apoia ás entidades sen ánimo de lucro que traballan co colectivo migrante, a pesar do recorte do Goberno central.
12.11.2010
audio
Emigración destinou no pasado ano 2009 un orzamento total de 757.958 euros ás asociacións que traballan con estes colectivos. No 2010 a Secretaría Xeral da Emigración publicou unha única convocatoria para entidades sen ánimo de lucro para o desenvolvemento de programas destinados a favorecer os procesos de acollida e integración da poboación... Máis información
-
O historiador Manoel Carrete presenta o seu novo traballo sobre a emigración galega en Cataluña
10.11.2010
audio
A publicación conta cun amplo material extra composto de fotografías e pinturas inéditas de Tiberio Ávila sobre a comunidade galega en Barcelona. O historiador galego Manoel Carrete presentará este mes o libro La inmigración gallega en Cataluña: Irmandade A Nosa Galicia. A publicación conta cun amplo material extra composto de fotografías... Máis información
-
Morre en Cidade do Prata o escultor galego Eduardo Martínez
10.11.2010
audio
A historia do artista reflicte a realidade de moitas familias que deixaron Galicia en busca de oportunidades en América. Morreu en Cidade do Prata, preto de Montevideo, o escultor Eduardo Martínez que, baixo o pseudónimo do Cañotas, realizou obras que están en diversas institucións españolas en Uruguai. Martínez naceu na parroquia de Argalo, no... Máis información
- Santiago de Compostela acolle hoxe a estrea mundial da película ‘The way’, coa presenza de Martin Sheen e Emilio Estévez. 08.11.2010 audio A preestrea do filme, da produtora Filmax e patrocinado pola S.A. de Xestión do Plan Xacobeo e pola Xunta de Galicia, celebrarase no Teatro Principal de Santiago. O próximo 19 de novembro, 'The Way' estrearase nas salas de cine. Este luns día 8 de novembro o Teatro Principal de Santiago de Compostela acollerá a presentación mundial do filme The... Máis información
-
Santiago Camba empraza á mocidade galega no exterior a ser “protagonistas da mellora de Galicia” e a promover o diálogo interxeracional.
08.11.2010
audio
Anima aos mozos e mozas a “non permanecer afastados” dos centros galegos e a ser protagonistas dunha nova estratexia de acción para fortalecer os lazos entre a Galicia interior e exterior. Cualifica á mocidade galega no exterior como “cidadáns formados e preparados”, coñecedores “do valor do esforzo e do traballo” herdado dos seus pais e... Máis información
- Feijóo cualifica o Xacobeo e a visita do Papa de “gran éxito colectivo” de todos os galegos e di que servirá de “estímulo” para recuperar unha “certa esperanza polos momentos difíciles que estamos a vivir”. 08.11.2010 audio Resalta que, hoxe, “todos os galegos que viven en calquera lugar do mundo se sentiron orgullosos da súa terra. Galicia está acostumada a ter moitos galegos polo mundo e, hoxe, o mundo estivo en Galicia”. O titular da Xunta destaca que Benedicto XVI volveu a confirmar a Santiago como capital espiritual de Europa “e volveu a mandar unha mensaxe de... Máis información
-
Catro documentais sobre a emigración.
04.11.2010
audio
Alumnos das escolas de imaxe e son de Tarragona, Madrid, Sevilla e A Coruña formaron parte do proxecto. Alumnos das escolas de imaxe e son de Tarragona, Madrid, Sevilla e A Coruña elaboraron catro documentais sobre a emigración. O proxecto, iniciado hai dous anos, contou coa participación dun grupo de alumnos da Escola de Imaxe e Son da Coruña. A... Máis información
-
Xornadas sobre as Migracións - Novembro 2010
03.11.2010
audio
Ao longo do mes de novembro a Secretaría Xeral da Emigración vai organizar tres actividades formativas sobre as migracións, en Santiago de Compostela, na sede da Escola Galega da Administración Pública (EGAP). Ditas xornadas e encontros son os seguintes: Xornada sobre a lei de estranxería (16 de novembro) - picar aquí para máis información e... Máis información
-
A Secretaría Xeral da Emigración elabora un Plan de Formación para promover a inserción laboral das persoas inmigrantes.
02.11.2010
audio
Emigración destinará un orzamento de máis de 500.000 € e contará coa cofinanciación do Fondo Social Europeo. A Secretaría Xeral da Emigración elaborou un plan de formación coa colaboración de profesionais que tanto desde concellos como desde asociacións e entidades traballan no eido da inserción sociolaboral das persoas inmigrantes, para o que se... Máis información
Páxinas |

