Novas
Buscador
-
Emigración e Consello da Cultura Galega amosarán o labor desenvolto polas sociedades de emigrantes de América no campo educativo en Galicia.
24.09.2010
audio
Ambas partes asinaron un convenio, dotado con 80.000 euros, que contempla tamén a edición e publicación facsimilar do “Almanaque Gallego” correspondente aos anos 1918-1927. O acordo prevé ademais inventariar e dixitalizar documentación sobre a inmigración galega en Brasil, especialmente nas áreas de Sao Paulo e Río de Janeiro. O secretario xeral... Máis información
-
A Casa de Galicia de Nova York cumpre 70 años
20.09.2010
audio
A entidade celebrará o seu aniversario cunha cea na que participará o Secretario Xeral da Emigración, Santiago Camba. A Casa de Galicia de Nova York celebrará o seu 70º aniversario cunha cea na que está prevista a participación de máis de cen persoas, entre elas os responsables doutras institucións galegas e españolas en Nova York. O Secretario... Máis información
-
O programa de radio Sempre en Galicia cumpre 60 años no Uruguai
20.09.2010
audio
Oito galegos que emigraron ao país foron os creadores do programa. Era 1950, cidade de Montevideo, capital de Uruguai. Alí emigraran os galegos Alfredo Somoza, Manuel Meilán, Lois Tobío, Antón Crestar, Pedro Couceiro, Xesús Canabal, Emilio Pita e Manuel Leiras. Para acurtar as distancias entre Uruguai e Galicia crearon o programa de radio Sempre... Máis información
-
Modificación nas datas de celebración do Congreso Europeo da Xuventude Galega no Exterior a celebrar en Nürnberg
14.09.2010
audio
Comunicación do Centro Galego de Nürnberg informando do cambio de datas na celebración do Congreso Europeo da Xuventude Galega no Exterior. Estimad@s amig@s: Debido a razóns de carácter loxístico, vémonos na necesidade de aprazar o Congreso Europeo da Xuventude Galega no Exterior, organizado na nosa cidade polo Centro Galego de Nürnberg e... Máis información
-
«As médulas», de Silvia Bardelás, será traducido ao alemán.
14.09.2010
audio
A novela é a única obra escrita en galego das 210 de toda España que participaron no proceso de selección do proxecto New Spanish Books. A novela galega As medulas, de Silvia Bardelás, foi elixida para ser traducida ao alemán no proceso de selección do proxecto New Spanish Book, do Instituto de Comercio Exterior e a Federación de Gremios de... Máis información
-
O galego Darío Basso expón a súa obra na sede da ONU
14.09.2010
audio
A exposición «Algoritmi dixit» xa se puido ver en Vigo e Santiago de Compostela, así como en países asiáticos como Xordania e Exipto. O pintor galego de orixe arxentina Darío Basso expón ata o 24 de setembro na sede da Organización de Nacións Unidas (ONU), na cidade suíza de Xenebra, o seu traballo artístico no que aborda a influencia mutua entre... Máis información
-
A obra «Galiza en Suíza» recolle os 50 anos da emigración galega no país helvético
14.09.2010
audio
Actualmente máis de 40.000 galegos residen en Suíza, o que supón o 60% do total de españois presentes no país. Hai máis de 50 anos moitos galegos decidiron migrar a Suíza. Como foi a súa chegada, como era a vida dos galegos nacidos e criados no país helvético e outros asuntos relacionados coa súa emigración, son os temas centrais que desenvolve a... Máis información
-
Arxentina celebra o centenario do nacemento de Luis Seoane cunhas xornadas culturais
14.09.2010
audio
As actividades realizaranse na Casa da Cultura entre os días 22 e 23 de setembro. Hai cen anos nacía en Bos Aires, un dos maiores símbolos da arte galega do século XX. Luis Seoane, fillo de emigrantes galegos, está considerado como un artista cosmopolita que realizou unha achega persoal á modernización cultural do país, á vez que dinamizou a... Máis información
-
A "Sociedad Parroquial de Vedra" en Bos Aires celebra os seus 100 anos coa «Exposición do Traxe Galego»
07.09.2010
audio
A mostra está aberta ao público ata o 25 de setembro. A Sociedad Parroquial de Vedra en Bos Aires está a celebrar o seu centenario con innumerables actividades. Unha delas é a Exposición do Traxe Galego, unha mostra traída especialmente dende o Concello de Vedra. Na exposición, os asistentes farán un percorrido polos traxes galegos antigos de... Máis información
-
Santiago Camba felicita ao novo presidente do Centro Galego de Buenos Aires e reforza a vontade de continuar coa colaboración institucional.
02.09.2010
audio
O Secretario Xeral da Emigración agradeceu ao presidente saínte, Julio Martínez, o seu traballo á fronte do centro na reunión celebrada este martes pola tarde con ambos mandatarios, tras as eleccións celebradas na institución o pasado domingo, 29 de agosto. O secretario xeral da Emigración, Santiago Camba Bouzas, vén de felicitar, en nome do... Máis información
Páxinas |