O Centro Galego de Lisboa inaugura unha exposición sobre arquitectura histórica.

A mostra «Espazos Revelados» estará aberta do 21 de decembro ata o 14 de xaneiro.

Listen to this page using ReadSpeaker
23 de novembro de 2010.

O Centro Galego de Lisboa inaugura o 21 de decembro a exposición "Espacios Revelados. Novas miradas sobre arquitectura histórica", organizada pola Fundación de Casas Históricas e Singulares. A mostra reúne fotografías realizadas por Beatriz Romero e Bernardo Aja de edificios do Patrimonio Arquitectónico que, a pesar dos anos, manteñen intactos os seus valores estéticos e culturais, grazas a un esforzo de conservación levado a cabo durante xeracións.

Como peche da exposición, o 13 de xaneiro haberá unha presentación dos obxectivos e actividades da Fundación de Casas Históricas e Singulares e da Associação Portuguesa dás Casas Antigas, entidades homólogas en España e Portugal, que se dedican á defensa, conservación e difusión do Patrimonio Histórico. O acto terá lugar ás 16.30 horas no Pazo Fronteira, en Lisboa.

2002 lecturas