Xornada de Inmigración e Consumo. Programa Brandán 2010.

Xornada sobre os dereitos dos consumidores e o aforro na tarifa eléctrica.

Desenvolverase nas localidades de Ourense, Oleiros, Pontevedra e Lugo.

Este programa é froito da colaboración entre o Instituto Galego de Consumo e a Secretaría Xeral da Emigración.

Listen to this page using ReadSpeaker

No presente mes de decembro levarase a cabo nas localidades de Ourense, Oleiros, Pontevedra e Lugo unha Xornada que versará sobre os dereitos dos consumidores e información sobre as tarifas eléctricas.

OBXECTIVOS

-Favorecer o proceso de integración a través do coñecemento dos dereitos como persoas consumidoras
Proporcionar información sobre as facturas eléctricas e a forma de solicitar as máis axeitadas

DESTINATARIOS

-Persoas inmigrantes con preferencia extracomunitaria.

DATAS E LUGARES DE REALIZACIÓN
-10 de decembro: Centro Cultural Deputación de Ourense, Rúa do Progreso, 30-Ourense. (picar aquí para máis información e inscrición)

-13 de decembro: Centro de Formación Isaac Díaz Pardo, Os Regos, 24-Oleiros (A Coruña) (picar aquí para máis información e inscrición)

-17 de decembro: Patronato de Turismo Rías Baixas (Plaza de Santa María s/n. Pontevedra) (picar aquí para máis información e inscrición)

-20 de decembro:  Asociación ASFEM (Músico Falla nº 21, Baixo. Lugo) (picar aquí para máis información e inscrición)

HORARIO

16:00-20:00

1960 lecturas