Novas
Buscador
- O Celga universalízase coa posta en marcha do nivel de aprendizaxe 2 en liña 06.02.2020 audio O 16 de marzo arrancan os primeiros cursos en liña do Celga 2 que, canda os outros tres niveis de aprendizaxe xa existentes, lle garanten o acceso global á aprendizaxe oficial do galego a calquera cidadá ou cidadán desde calquera parte do mundo. Tal e como anunciara, o Goberno galego completa así a implementación da modalidade de teleformación no... Máis información
- Miranda sitúa a Vigo e a súa área como “epicentro do retorno emprendedor” con máis dun 25% dos negocios postos en marcha no 2019 co programa da Secretaría Xeral 05.02.2020 audio Salienta que esta aposta polo retorno estase a materializar en iniciativas empresariais como a de Mercedes, na procura de facilitar ás beneficiarias e beneficiarios “que poidan ter na súa casa un futuro laboral e unha unidade familiar con garantías”, contribuíndo tamén a solucionar o reto demográfico que ten Galicia. Destaca que a boa acollida do... Máis información
- A Secretaría Xeral da Emigración amplía ata o 19 de febreiro o prazo para solicitar as axudas extraordinarias en Venezuela, a Arxentina e O Uruguai 04.02.2020 audio O departamento autonómico destina 2,75 millóns para facer fronte a este pago único, que busca contribuír a cubrir as necesidades básicas de subsistencia e atención sociosanitaria das familias galegas do exterior con menos recursos. A Secretaría Xeral da Emigración vén de ampliar o prazo para a presentación de solicitudes na Arxentina, O Uruguai e... Máis información
- A Xunta prioriza ás e aos emigrantes retornados na convocatoria de axudas para impulsar o emprendemento, a consolidación, a creación de emprego e a conciliación das e dos autónomos 04.02.2020 audio A Consellería de Economía, Emprego e Industria destina 24,5 M€ a estes apoios que beneficiarán a máis de 7000 autónomas e autónomos e traballadoras e traballadores e arredor de 545 empresas. Entre as iniciativas activadas inclúese a posta en marcha por primeira vez do Bono Nova Oportunidade e o Bono Renova, ambos dotados cun millón de euros, e... Máis información
- A Xunta abre o prazo de dous programas de inserción sociolaboral dos que se beneficiarán máis de 500 persoas en risco ou situación de exclusión, entre as que se inclúen as emigrantes retornadas 03.02.2020 audio A Consellería de Economía, Emprego e Industria destina 3,3M€ á nova iniciativa de inclusión para o emprego e volve convocar os apoios dirixidos ás empresas de inserción laboral. O Goberno galego mantén o seu compromiso coa promoción dun emprego inclusivo en Galicia. A Xunta vén de publicar no Diario Oficial de Galicia (DOG) dúas ordes de axudas,... Máis información
- Feijóo referenda en Uruguai o compromiso da Xunta coas e cos galegos no exterior e salienta que os programas de atención social chegaron a máis de 30.000 galegas e galegos o ano pasado 01.02.2020 audio Destaca que a Xunta destinou en 2019 un total de 4 millóns: para axudas directas a máis de 8.000 familias; e para a prestación de servizos sociais, a través da colaboración con entidades, chegando a máis de 21.000 galegas e galegos residentes no exterior. Asevera que a firma dos convenios con distintas institucións pon de manifesto que os valores... Máis información
- Feijóo anuncia a extensión do Carné Xove para as mozas e mozos da diáspora, que poderán beneficiarse das súas vantaxes en Galicia, España e Europa 01.02.2020 audio Precisa que poderán acceder a esta tarxeta as mozas e mozos de 12 a 30 anos con nacionalidade española, veciñanza civil galega e que residan fóra de Europa. Reedita o compromiso da Xunta de converter Galicia nunha oportunidade, a través de iniciativas como as Bolsas Excelencia Mocidade Exterior (BEME), cuxa cuarta convocatoria, que sairá nas... Máis información
- Feijóo valora o compromiso da Casa de Galicia en Montevideo para ofrecer máis e mellores recursos sanitarios a todas e todos os galegos do Uruguai adaptados ás necesidades do momento 31.01.2020 audio Agradece que a fraternidade e a solidariedade sigan a ser os piares destes centros, como se pon de manifesto a través dun sistema de mutuas que sigue estando vixente. Destaca tamén a vocación desta entidade como punto de encontro da colectividade galega no país, mantendo viva desde hai máis dun século a galeguidade. Traslada a esta institución o... Máis información
- Feijóo ofrece ao presidente electo de Uruguai o saber facer das empresas galegas en sectores clave para o país como as renovables e as infraestruturas 31.01.2020 audio Recorda que ambos territorios xa están a colaborar en sectores como o enerxético, no que o país uruguaio está a facer unha forte aposta polas enerxías eólica, a fotovoltaica e a biomasa. Salienta que Galicia tamén está a colaborar en materia de infraestruturas, a través do plan de investimentos, presentado polo presidente Tabaré Vázquez en 2016,... Máis información
- A Xunta aproba o anteproxecto de Lei de acción exterior que aspira a mellorar a proxección de Galicia a través da coordinación da acción exterior 30.01.2020 audio Feijóo explica que a súa a pretensión é regular a participación galega na negociación Xunta-Estado, mellorar a atención das galegas e os galegos no exterior, consolidar a Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal e dotar Galicia de maior protagonismo na cooperación. Di que é un dos anteproxectos de lei máis participativos e que conta cun maior... Máis información
Páxinas |









