Novas
Buscador
- Letras Galegas virtuais mediterráneas 24.05.2020 audio O pasado domingo día 17 de maio as entidades galegas de Castelló, Valencia, Alacant, Tarragona, Cerdanyola, Mollet, La Llagosta, Santa Coloma, Toxos e Xestas de Barcelona e Cova da Serpe de Barcelona realizaron tres actos do Día das Letras Galegas diferentes ao que viñan facendo habitualmente como consecuencia da pandemia do coronavirus. A... Máis información
- Miranda anuncia a incorporación dunha sección infantil de contacontos ás actividades de Aula GaliciaAberta 23.05.2020 audio O secretario xeral da Emigración adiantou a través dunha videconferencia emitida en directo a través do Facebook Live de GaliciaAberta que a nova proposta porase en marcha a vindeira semana. As sesións para nenas e nenos, que correrán a cargo de Polo Correo do Vento e incluirán un obradoiro de debuxo, transmitiranse os sábados de 18 a 19 horas. O... Máis información
- A Xunta garante a continuidade das Axudas Extraordinarias ao Emigrante Retornado, que se poden solicitar ata o 31 de agosto 22.05.2020 audio O Consello da Xunta autorizou a seguir coa tramitación da orde, que consiste nun pago único que busca axudar ás e aos que retornan a Galicia a facer fronte aos gastos derivados da súa volta. As familias con nenas e nenos menores de idade recibirán 1.000 euros por cada un das e dos dous primeiros e 1.500 euros polo terceiro e sucesivos. O... Máis información
- Miranda reforza o contacto permanente coa colectividade do exterior cunha nova rolda de videconferencias que comeza coas e cos galegos de Alemaña, O Reino Unido e Portugal 21.05.2020 audio Esta serie de reunións telemáticas é a segunda que leva a cabo o secretario xeral da Emigración desde que entrou en vigor o Estado de Alarma en España. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, está a reforzar o contacto permanente que mantén coa colectividade do exterior cunha nova rolda de encontros telemáticos, que comeza... Máis información
- Máis de 461.000 galegas e galegos do exterior poderán solicitar o seu voto por correo para as eleccións autonómicas ao Parlamento galego ata o vindeiro 13 de xuño 20.05.2020 audio A publicación do Decreto 72/2020, do 18 de maio, de convocatoria de eleccións ao Parlamento de Galicia, recollido no Diario Oficial de Galicia de onte, marcou o inicio do prazo de rogo do voto. Entre o 16 e o 22 de xuño a delegación provincial do Censo Electoral enviará a documentación electoral a aquelas e aqueles galegos inscritos no Censo de... Máis información
- Intervención do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, tras a reunión extraordinaria do Consello da Xunta, na que anuncia a convocatoria das eleccións ao Parlamento de Galicia para o vindeiro 12 de xullo 19.05.2020 audio Bos días, grazas pola súa atención. Antes de nada, dou conta da situación actual do coronavirus e o seu impacto sanitario na Comunidade. A día de hoxe temos 93 persoas hospitalizadas con Covid, un 1,06% menos que hai 24 horas; outras 17 están na UCI, un 5,5% menos que hai 24 horas; 1.061 están sendo atendidas nos seus domicilios, un 2,45% menos... Máis información
- Miranda amplía o número de persoas beneficiarias dos programas de atención social, que o ano pasado chegaron a máis de 30.000 galegas e galegos do exterior, para paliar as consecuencias do coronavirus 18.05.2020 audio O titular da Secretaría Xeral da Emigración busca aumentar as axudas, nas que en 2019 se investiron case 4 millóns de euros. A Xunta xa deu luz verde á continuación da tramitación de, entre outras, as máis de 8.000 axudas económicas individuais concedidas entre beneficiarias e beneficiarios de Arxentina, Uruguai, Brasil, Cuba e Venezuela. Os... Máis información
- Miranda invita ás nenas e nenos galegos do exterior a conmemorar este domingo o Día das Letras Galegas cun contacontos dedicado a Carvalho Calero 15.05.2020 audio O secretario xeral da Emigración anima aos nenos e nenas a participar na actividade que levará a cabo Polo Correo do Vento a través do Facebook Live de GaliciaAberta. Trala biografía “simpática” do investigador da lingua galega terá lugar un obradoiro para aprender a debuxar ao homenaxeado no que as rapazas e rapaces poderán interactuar co... Máis información
- Miranda anuncia sorpresas para as e os máis cativos na celebración das Letras Galegas 2020 14.05.2020 audio O secretario xeral da Emigración da Xunta de Galicia, Antonio Rodríguez Miranda, anuncia neste vídeo sorpresas especiais para as e os máis cativos na celebración do Día das Letras Galegas 2020, que na presente edición da gran festa da nosa cultura homenaxean a Ricardo Carvalho Calero. Máis información
- A Xunta impulsa a programación máis dixital polo Día das Letras Galegas para renderlle tributo a Carvalho Calero 12.05.2020 audio Eventos virtuais, festivais e proxectos expositivos, audiovisuais, literarios, académicos e escolares enchen Internet para achegarlle á cidadanía a figura, obra e vida do autor homenaxeado este ano pola Real Academia Galega (RAG). O Portal da Lingua Galega ofrece en aberto ferramentas e materiais dos proxectos conmemorativos deseñados en... Máis información
Páxinas |









