Novas
Buscador
- A Aula GaliciaAberta da Secretaría Xeral da Emigración obtén preto de 150.000 visualizacións nas súas dúas primeiras semanas de vida 11.05.2020 audio O apartado específico creado na páxina web do departamento autonómico para acubillar esta iniciativa rexistrou máis de 30.000 visitas desde a súa posta en marcha. As sesións formativas, que se imparten de luns a xoves en horario de 20 a 22 horas a través de Facebook Live, abordan canto e pandeireta, percusión, gaita e baile. A Arxentina, O Uruguai... Máis información
- Miranda remata a rolda de máis dunha vintena de encontros telemáticos con preto de 200 referentes da colectividade galega no exterior para coñecer a súa situación durante a pandemia do coronavirus 10.05.2020 audio Ás videoconferencias mantidas polo secretario xeral da Emigración con representantes da colectividade en Europa e América hai que engadir dúas específicas coa Comisión Delegada do Consello de Comunidades Galegas presididas polo presidente e o vicepresidente da Xunta. As xuntanzas serviron para achegarse á realidade dos galegos e galegas de máis... Máis información
- A Secretaría Xeral da Emigración reactiva e incrementa o apoio aos gastos de funcionamento e actividades desenvolvidas nos centros galegos do exterior 08.05.2020 audio O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a reapertura do prazo de solicitudes, que quedou interrompido por mor do Estado de alarma un día antes de finalizar. A Secretaría Xeral da Emigración reactiva, grazas á autorización extraordinaria do Consello da Xunta, o programa de axudas a entidades galegas do exterior, que quedou paralizado por mor da... Máis información
- A Secretaría Xeral da Emigración adapta os seus programas á nova realidade internacional xerada pola pandemia do coronavirus 07.05.2020 audio O titular do departamento, Antonio Rodríguez Miranda, atende as peticións dos galegos e galegas do exterior para redistribuír os fondos destinados a axudas e para suspender aquelas iniciativas que conleven desprazamentos internacionais. Logo dunha extensa rolda de consultas ás e aos representantes da colectividade dos principais países e á propia... Máis información
- Miranda e López Dobarro pechan o ciclo de videoconferencias cos galegos e galegas do exterior con novos encontros telemáticos coa colectividade da Arxentina, a máis numerosa do mundo 06.05.2020 audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, completou o ciclo de videoconferencias coas e cos galegos do exterior, que comezou o pasado 8 de abril, con novos encontros telemáticos coa colectividade galega da Arxentina, a máis numerosa do mundo, con preto de 180.000 persoas. Foi precisamente un encontro virtual co delegado da... Máis información
- A Xunta axiliza e amplía as axudas ás galegas e galegos do exterior para dotalos de maior respaldo económico ante a crise do coronavirus 04.05.2020 audio O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, acompañado polo secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo un encontro telemático coa Comisión Delegada do Consello de Comunidades Galegas. O Goberno galego aprobou dar continuidade ao programa de apoio para gastos de funcionamento ás entidades galegas no exterior, que se... Máis información
- Miranda expón aos galegos e galegas de Costa Rica, Porto Rico, Panamá e Chile as medidas que está a estudar o Goberno galego para axudar a paliar as consecuencias do coronavirus 03.05.2020 audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, expuxo aos galegos e galegas de Chile, Panamá, Porto Rico e Costa Rica as medidas que está a estudar o departamento autonómico para axudar a paliar as consecuencias que está a deixar a pandemia do coronavirus. As diferenzas do grao de incidencia da COVID-19 nos distintos países e... Máis información
- Miranda completa o seguimento á colectividade galega que vive no resto de España cos galegos e galegas de Castela e do norte do país 01.05.2020 audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, completou cos galegos e galegas que viven nas dúas Castelas e nas comunidades do norte do país o novo percorrido que está a facer pola situación da colectividade que reside no resto de España. A desigual pegada que está a deixar a epidemia do coronavirus nas provincias españolas ten o... Máis información
- A Secretaría Xeral da Emigración amplía ata o 29 de maio o prazo de solicitudes das Bolsas Excelencia Mocidade Exterior por mor do Estado de Alarma decretado en España polo coronavirus 30.04.2020 audio O titular do departamento, Antonio Rodríguez Miranda, anima ás mozas e mozos galegos que queren vir a Galicia a estudar un mestrado a planificar o seu futuro coas 150 prazas convocadas no programa. A prórroga busca facilitar aos interesados e interesadas a tramitación e a reunión da documentación necesaria para optar a unha destas bolsas. O... Máis información
- Miranda reúnese cos galegos e galegas de Andalucía, Estremadura e Ceuta de xeito telemático para coñecer a súa situación por mor da epidemia do coronavirus 29.04.2020 audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, vén de reunirse de xeito telemático cos galegos e galegas de Andalucía, Estremadura e Ceuta para coñecer como está a afectarlles a pandemia do coronavirus. Esta xuntanza virtual, que se levou a cabo a través dunha videoconferencia, dá continuidade a esta nova rolda de contactos coas e... Máis información
Páxinas |









