Novas
Buscador
- A Secretaría Xeral da Emigración recibe preto de 8.400 solicitudes de Axudas Económicas Individuais 14.06.2020 audio O programa do departamento autonómico conta cunha partida de case 2,7 millóns de euros. A convocatoria busca, a través dun pagamento único, contribuír a cubrir as necesidades básicas de subsistencia e atención sociosanitaria das familias galegas do exterior con menos recursos. Cuba, Venezuela e A Arxentina son os países desde os que proceden a... Máis información
- Os galegos e galegas do exterior amosan a súa cara máis solidaria durante a pandemia do coronavirus 13.06.2020 audio Entidades galegas de todo o mundo poñen en marcha iniciativas para axudar ás e aos máis necesitados, ou culturais para manter a actividade malia as restricións de movemento. As entidades galegas do exterior están a poñer en marcha diferentes medidas solidarias coas que pretenden contribuír a cubrir as necesidades básicas das persoas que están a... Máis información
- A Cidade da Cultura devolve as 300 pezas da exposición ‘Galicia, un relato no mundo’ a entidades prestadoras de oito países 11.06.2020 audio A mostra tivo que pechar antes de tempo debido a crise sanitaria, pero pode seguir visitándose en liña a través da web cidadedacultura.gal. Tras a reapertura do Museo Gaiás iniciáronse os traballos para que as pezas retornen ás entidades prestadoras: un total de 60 institucións e 21 coleccionistas privadas e privados de Galicia, o resto de España... Máis información
- A Secretaría Xeral da Emigración recibiu entre marzo e maio 300 solicitudes para optar a unha das 150 Bolsas Excelencia Mocidade Exterior (BEME) 10.06.2020 audio Nos últimos tres meses un total de 443 iniciaron o proceso de solicitude, pero 142 non o concluíron por diferentes motivos. Unha sexta parte das e dos aspirantes foron nados en Galicia, o segundo país de nacemento máis numeroso, só precedido pola Arxentina e seguido de Venezuela, Brasil, Uruguai, México e Cuba, entre outros. Das 50 galegas e... Máis información
- O INE avanza que en 2019 Galicia gañou 1.803 residentes e entraron a residir na comunidade 17.542 persoas máis das que saíron, o maior saldo migratorio positivo da serie histórica 08.06.2020 audio O INE publica hoxe a ‘Estatística de Migracións’ do ano 2019 e tamén as ‘Cifras de Poboación’, que indican que Galicia gañou 1.803 habitantes o pasado ano. O saldo migratorio foi un 32% superior ao do ano 2018. Unha vez publicados estes datos, o IGE vainos incorporar á súa base de datos para a corresponde explotación estatística dos mesmos. A... Máis información
- Miranda expón a nova actividade da Aula GaliciaAberta da Secretaría Xeral da Emigración, un seminario de cociña no que o chef André Arzúa interactuará cos galegos e galegas de todo o mundo 07.06.2020 audio O cociñeiro galego fará diferentes receitas elaboradas con produtos típicos de Galicia que tamén poderán adaptarse ás cociñas dos diferentes países. As sesións emitiranse proximamente a través do Facebook Live de GaliciaAberta. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, expón, nun vídeo publicado na web e nas diferentes redes... Máis información
- Miranda achégase á complexa situación dos galegos e galegas da Arxentina, que están a vivir un dos momentos máis críticos na loita contra a covid-19 06.06.2020 audio O secretario xeral da Emigración celebrou unha videoconferencia con representantes do país andino, onde residen máis de 180.000 galegas e galegos. No encontro telemático tamén participou o delegado da Xunta en Bos Aires, Alejandro Lopez Dobarro, quen mantén un contacto permanente coa colectividade galega do Río de la Plata. O secretario xeral da... Máis información
- A Secretaría Xeral da Emigración abre o prazo de solicitudes das Axudas ao Retornado Emprendedor, dotadas con 400.000 euros 05.06.2020 audio O DOG publicou onte a oitava convocatoria deste programa, que se poden pedir desde hoxe ata o 30 de setembro. A medida do Goberno galego está dirixida a emprendedoras e emprendedores rexistrados como autónomos, sociedades mercantís e laborais, e cooperativas de traballo. Cada beneficiaria ou beneficiario pode recibir ata 8.000 euros para cubrir... Máis información
- Miranda continúa cos galegos e galegas do Uruguai os encontros telemáticos para seguir a evolución da pandemia entre a colectividade exterior 05.06.2020 audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, continúa cos encontros telemáticos de seguimento da pandemia do coronavirus entre a colectividade galega no exterior. As e os representantes dos galegos e galegas do Uruguai foron os protagonistas da videoconferencia na que o titular do departamento galego lles informou sobre as medidas... Máis información
- Amplíase o prazo para solicitar, enviar por correo e depositar en urna nos consulados o voto das e dos galegos residentes no exterior 04.06.2020 audio A Xunta Electoral Central vén de resolver que as e os residentes no estranxeiro, tanto temporal como permanente, poderán pedir a súa participación ata o 16 de xuño. Mantense o prazo de envío de documentación, entre o 16 e o 22 de xuño. Tamén se amplía o prazo para enviar o voto por correo aos consulados ata o 11 de xullo, e para depositalo en urna... Máis información
Páxinas |









