Novas
Buscador
- A Xunta reforza as axudas para as galegas e galegos do exterior en situación excepcional de emerxencia para facer fronte ás consecuencias do coronavirus 09.07.2020 audio O programa da Secretaría Xeral da Emigración conta cun orzamento inicial de 200.000 euros, que podería triplicarse en caso de necesidade. O prazo de presentación de solicitudes rematará o 15 de novembro. Nos próximos días publicarase a convocatoria das Axudas de Emerxencia Social, un programa que xestiona a Secretaría Xeral da Emigración desde... Máis información
-
Hoxe abre o prazo para depositar o voto nas oficinas consulares españolas
08.07.2020
audio
As e os residentes galegos no exterior que teñan solicitado o seu voto teñen ata as 20 horas do vindeiro día 12 (hora peninsular española) para facelo efectivo.
Desde hoxe, todos aqueles galegos e galegas residentes no exterior que teñan solicitado o seu voto poden depositalo persoalmente, nun sobre dirixido á Xunta Electoral Provincial, na...
Máis información
- A Secretaría Xeral da Emigración adxudica un millón de euros para axudar ás entidades galegas do exterior a facer fronte aos gastos de funcionamento e á organización de actividades 07.07.2020 audio Os preto de 200 centros galegos do exterior recibirán un total de 231 axudas unha vez xustifiquen os gastos. O departamento autonómico incrementou estas subvencións nun 50% como resposta ás dificultades que o coronavirus está a causar aos centros. A Secretaría Xeral da Emigración vén de adxudicar un total de un millón de euros en subvencións ás... Máis información
- O Diario Oficial de Galicia publica a convocatoria de axudas do programa Emega, incluído na Estratexia Galicia Retorna, para o fomento do emprendemento feminino 06.07.2020 audio O programa apoia a posta en marcha, a mellora e a reactivación de iniciativas empresariais constituídas por mulleres e inclúe unha liña complementaria para apoiar a conciliación da vida laboral, persoal e familiar. A convocatoria deste ano reforza a ‘liña Activa’ destinada a axudar ás empresas que están a atravesar unha situación económica... Máis información
- O DOG publica a convocatoria do programa “Reencontros de Lecer” da Secretaría Xeral da Emigración 03.07.2020 audio A orde vai dirixida ás galegas e galegos pensionados maiores de 60 anos que residan desde hai máis de 10 anos nalgún país de Europa. Esta iniciativa permítelles regresar á súa terra durante unha semana. O prazo de presentación de solicitudes abrirase mañá e consta dun mes. O Diario Oficial de Galicia (DOG) vén de publicar a convocatoria da... Máis información
- A exposición “O soño cubano da emigración galega”, do Consello da Cultura Galega e a Secretaría Xeral da Emigración, salienta a importancia da Habana na historia da Galicia exterior 29.06.2020 audio A mostra, que consta de trinta paneis, permanecerá exposta no Museo do Mar de Galicia ata o 15 de xullo. Cuba chegou acubillar máis de 200.000 galegas e galegos, que constituían o 9% da poboación total da capital. A exposición O soño cubano da emigración galega, do Consello da Cultura Galega e a Secretaría Xeral da Emigración, pretende percorrer... Máis información
- Publicada a galería de imaxes da entrega de diplomas ás e aos beneficiarios 2019-2020 das Bolsas Excelencia Mocidade Exterior e Retorno para Formación Profesional 25.06.2020 audio Vén de publicarse na web da Secretaría Xeral da Emigración a Galería de imaxes da recepción polo presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, e entrega de diplomas da súa concesión ás bolseiras e bolseiros beneficiarios da terceira promoción das Bolsas Excelencia Mocidade Exterior - BEME, programa xestionado pola SXE en colaboración coas... Máis información
- Feijóo dá a benvida ás e aos visitantes a unha Galicia que os espera cos brazos abertos: "Volvemos con seguridade, calidade, hospitalidade e cos valores de sempre" 21.06.2020 audio Resalta que a Comunidade que volve, faino ofrecendo 986 praias, dous millóns de hectáreas de bosques, unha oferta termal sen parangón e un patrimonio secular rico, diverso e accesible. Afirma que cada novo establecemento que reabre as súas portas é unha parte de Galicia que recobra vida e ilusión; e valora o esforzo e a implicación de todo o... Máis información
- A Xunta colaborará con 69 entidades para poñer en marcha programas dirixidos a mulleres en situación de especial vulnerabilidade, entre as que se inclúen as emigrantes retornadas 19.06.2020 audio O Diario Oficial de Galicia publicou este mércores a resolución desta convocatoria de axudas destinada a entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro. A través destas axudas foméntase a igualdade de oportunidades para contribuír a reducir a dobre discriminación das mulleres en situación de especial vulnerabilidade, e dotalas dunha maior... Máis información
- Mañá remata o prazo das e dos electores residentes no estranxeiro para solicitar o voto nas eleccións ao Parlamento de Galicia do 12 de xullo 15.06.2020 audio O prazo para solicitar o voto por correo para as persoas que residen en Galicia mantense aberto ata o próximo 2 de xullo. Mañá é o último día para que os electores e electoras residentes de forma permanente no estranxeiro (CERA) e as e os residentes temporalmente no estranxeiro (ERTA) soliciten o seu voto para participar nas Eleccións ao... Máis información
Páxinas |









