Novas
Buscador
- A Xunta abre o prazo de solicitude das axudas dirixidas á atención de mulleres en situación de especial vulnerabilidade, á que se poden acoller as galegas retornadas 19.01.2022 audio Estes apoios, dirixidos a entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro, financian proxectos de atención personalizada e especializada para mulleres vítimas de violencia de xénero, de explotación sexual-laboral, inmigrantes, emigrantes retornadas ou refuxiadas e ex-reclusas, entre outras. As entidades poderán recibir como máximo un apoio de... Máis información
- Miranda traslada a colaboración de Emigración á Irmandade Galega na Suíza para a posta en marcha dunha iniciativa de promoción do Xacobeo 18.01.2022 audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo nas últimas horas unha reunión coa presidenta da Irmandade Galega na Suíza, Ana María Mera, con quen analizou a posta en marcha dunha nova iniciativa de promoción do Xacobeo na contorna de Xenebra. Tal e como lle transmitiu Rodríguez Miranda a Ana María Mera, a Administración... Máis información
- Emigración apoia a peregrinación en bicicleta do ourensán Alberto Cacharrón a través do Camiño Branco, a ruta xacobea máis longa do mundo 17.01.2022 audio O delegado da Xunta na Arxentina, Alejandro López Dobarro, participou hoxe na localidade máis austral do país latinoamericano, Ushuaia, na saída da peregrinación en bicicleta que realiza o ourensán Alberto Cacharrón a través do Camiño Branco, a ruta xacobea máis longa do mundo, con 12.232 quilómetros de lonxitude. A saída de Cacharrón tivo... Máis información
- A Xunta deu a coñecer no enclave turístico de Punta del Este en Uruguai o Xacobeo e as iniciativas da Secretaría Xeral da Emigración para o retorno das e dos galegos do exterior 16.01.2022 audio A Delegación da Xunta en Uruguai, a través da Secretaría Xeral da Emigración e a Federación de Sociedades Gallegas del Uruguay, organizaron a pasada semana unha actividade informativa no enclave turístico de Punta del Este co obxectivo de dar a coñecer o Xacobeo 21·22 e as diferentes iniciativas en materia de retorno coas que conta a... Máis información
- Emigración recuperou en 2021 os obradoiros presenciais de cultura galega en 36 entidades do exterior, nos que participaron case 1.000 alumnas e alumnos 15.01.2022 audio O departamento autonómico destinou 150.000 euros a poñer en marcha talleres de formación en folclore, cociña e artesanía entre os galegos e galegas do exterior. A Secretaría Xeral da Emigración recuperou en 2021 as actividades formativas para os galegos e galegas do exterior en colaboración con 36 centros, tanto de Europa como de América,... Máis información
- Emigración facilitou o achegamento a Galicia para case 200 galegas e galegos do exterior en 2021 coa colaboración con máis de 50 centros 14.01.2022 audio O departamento autonómico volveu a achegar a galegas e galegos do exterior a Galicia en programas de lecer de cara á promoción do Ano Santo. A Secretaría Xeral da Emigración recuperou en 2021 as actividades de lecer para os galegos e galegas do exterior en colaboración con máis de 50 centros, tanto de España como de Europa, desenvolvendo... Máis información
- Emigración axudou a 456 familias galegas do exterior en situación de emerxencia social urxente e extraordinaria por mor da covid 13.01.2022 audio O secretario xeral deste departamento autonómico, Antonio Rodríguez Miranda, destacou que as familias que recibiron estas axudas residen en 8 países distintos, dobrando en número aos beneficiarios e beneficiarias de 2020. En 2021 destináronse a estas axudas case 350.000 euros nun ano no que continuou presente a pandemia e, polo tanto, o... Máis información
- Emigración traslada a súa experiencia coa Estratexia Galicia Retorna aos seus homólogos na Generalitat Valenciana 12.01.2022 audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, xunto a subdirectora xeral do Retorno deste departamento da Xunta de Galicia, Begoña Solís, trasladaron a experiencia de éxito da Estratexia Galicia Retorna ás responsables deste mesmo departamento na Generalitat Valenciana. Neste senso, Miranda situou como básico o proceso de axuda,... Máis información
- A Xunta habilita un investimento de 32,2 millóns de euros para que as nenas e nenos nacidos no 2022 teñan acceso á Tarxeta Benvida, que tamén poden solicitar as e os galegos retornados 12.01.2022 audio Desde que se puxo en marcha no 2016, esta prestación contou cun orzamento acumulado de 127 millóns de euros. Ata o de agora unhas 78.000 familias beneficiáronse desta axuda de 100 euros ao mes durante o primeiro ano de vida da ou do cativo que, en función das circunstancias de cada unidade familiar, pode prorrogarse ata os 3 anos. A Xunta de... Máis información
- A Xunta convoca as axudas ás e aos universitarios con dificultades económicas para continuar estudos neste curso, ás que se poden acoller as e os emigrantes retornados 11.01.2022 audio O importe das bolsas, en función da renda familiar, oscilará entre os 1.750 e os 3.000€, o que supón un incremento de 250€ respecto do curso anterior. Poderá solicitar estas axudas o alumnado que sufra unha necesidade urxente de recursos por mor dunha causa sobrevida e imprevista ocorrida no actual curso, considerándose como tal o proceso do... Máis información
Páxinas |









