Miranda analiza co Centro Galicia en Ponferrada as actividades previstas para a difusión do Camiño de Santiago

Imaxe da reunión celebrada na sede da Secretaría Xeral da Emigración en Santiago de Compostela
Imaxe da reunión celebrada na sede da Secretaría Xeral da Emigración en Santiago de Compostela
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 3 de marzo de 2022.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, reuniuse nas últimas horas co responsable das accións culturais do Centro Galicia en Ponferrada, Diego Bello, co obxectivo de analizar as actividades previstas polo centro para a difusión do Camiño de Santiago neste segundo ano de Xacobeo.

Durante este encontro tamén se analizaron outras necesidades da entidade, así como se avanzou no traballo que se está a facer a través de cursos de formación, obradoiros e actividades de lecer para os socios e socias, destacando a preparación da representación deste centro galego no Día da Galicia Exterior.

362 lecturas