Novas
Buscador
- Emigración recorda ás e aos universitarios galegos do exterior que xa está aberta a nova convocatoria de bolsas BEME para cursar un máster nunha universidade galega 05.02.2022 audio A Secretaría Xeral da Emigración recorda ás mozas e mozos galegos do exterior que conten cunha formación universitaria que dende o pasado xoves, día 3 de febreiro, está aberta a nova convocatoria de Bolsas de Excelencia Mocidade Exterior - BEME para facer un máster o próximo curso nas universidades galegas. Manuel Silva, estudante bolseiro BEME... Máis información
- A Oficina integral de asesoramento e seguimento ao retorno en Ourense acompañou a case 740 persoas na súa integración en Galicia 04.02.2022 audio O secretario xeral de Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, xunto ao delegado da Xunta nesta provincia, Gabriel Alén, visitou a oficina situada na avenida da Habana da cidade das Burgas, que conta con persoal especializado para acompañar persoalmente aos galegos e galegas do exterior en todo o seu proceso de retorno. Dende a súa creación, as... Máis información
- Emigración abre a convocatoria de 250 bolsas de máster en Galicia para mozas e mozos galegos residentes no exterior 03.02.2022 audio O Goberno galego aumentou, por segundo ano consecutivo, en 50 as Bolsas Excelencia Mocidade Exterior para o curso 2022/23 de cara a atraer aos galegos e galegas do exterior de alta cualificación. O obxectivo destas bolsas é que estes mozos e mozas poidan completar a súa formación universitaria que lles permita quedar a traballar e vivir en Galicia... Máis información
- Preto de 150 representantes de entidades galegas do exterior infórmanse, a través dunha xornada técnica de Emigración, sobre a nova liña de axudas para obras e adquisición de equipamentos 02.02.2022 audio A Secretaría Xeral destinará a este fin 575.000 euros para axudar ás entidades de cara a que poidan mellorar as súas instalacións e así dar unha mellor atención aos galegos e galegas do exterior. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, presidiu as dúas videoconferencias que se realizaron nas últimas horas con preto de 150 ... Máis información
- A Xunta destina 1,3M€ a axudas, ás que se poden acoller galegas e galegos retornados, para incentivar que as persoas traballadoras autónomas xeren emprego indefinido 01.02.2022 audio O Goberno galego apoiará a contratación indefinida da primeira, a segunda e a terceira persoa traballadora nos negocios por conta propia, con contías ata os 22.500 euros. Compleméntase a axuda cun bono formación que supón 4.000 euros a maiores por persoa traballadora. O Diario Oficial de Galicia vén de publicar unha nova liña de axudas á que se... Máis información
- O Carballo de Conxo chega á fase final da Árbore Europea do 2022 01.02.2022 audio O organismo europeo Bosques sen Fronteiras chega á súa fase final no concurso para elixir a árbore europea 2022, nomeamento ao que se postula o Carballo de Conxo, un elemento vexetal sobranceiro de Santiago de Compostela que conta con máis de 260 anos de antigüidade e que se atopa situado ao sur da capital galega. Dende hoxe ata o próximo 28 de... Máis información
-
A Oficina integral de asesoramento e seguimento ao retorno na Coruña acompañou a case 1.600 persoas na súa integración en Galicia
31.01.2022
audio
O secretario xeral de Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, xunto ao delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, visitou a oficina situada no edificio administrativo de Monelos que conta con persoal especializado para acompañar persoalmente aos galegos e galegas do exterior en todo o seu proceso de retorno.
Dende a súa creación, as cinco...
Máis información
- Emigración anima ás e aos galegos universitarios do exterior a preparar a súa documentación para a próxima apertura da campaña de Bolsas de Excelencia Mocidade Exterior (BEME) 30.01.2022 audio A Secretaría Xeral da Emigración recupera as experiencias de antigas e antigos universitarios galegos do exterior que optaron a unha Bolsa de Excelencia Mocidade Exterior – BEME, o que lles permitiu regresar a Galicia para ampliar a súa formación. O departamento autonómico anima así a aquelas e aqueles que cumpran os requisitos a que preparen a... Máis información
- A Xunta destina 13M€ á axudas para a contratación de persoas en situación de vulnerabilidade para dinamizar o mercado laboral, ás que se poden acoller as galegas e galegos retornados 30.01.2022 audio A Consellería de Emprego e Igualdade vén de convocar no Diario Oficial de Galicia o programa Galicia Emprega 2022 cun orzamento que aumenta nun 6,5% fronte a 2021. Estas axudas inclúen 500.000 euros que a Xunta destina á contratación de persoal de apoio a persoas con discapacidade ou en risco de exclusión. As contías base para apoiar a... Máis información
- A Xunta traballa na posta en marcha de bolsas de FP dual para galegas e galegos do exterior que desexen retornar 29.01.2022 audio O obxectivo é favorecer a incorporación de traballadoras e traballadores as profesións máis demandadas. Trátase dunha oportunidade para o retorno das e os galegos do exterior así como tamén para Galicia de contar con profesionais que xa traen consigo unha experiencia laboral e formativa noutros países. O Goberno está ultimando a nova Estratexia... Máis información
Páxinas |









