Novas
Buscador
- O secretario xeral da emigración, Antonio Rodríguez Miranda, felicita o Aninovo aos galegos e galegas do exterior 31.12.2021 audio O secretario xeral da Emigración da Xunta de Galicia, Antonio Rodríguez Miranda, felicita a todos os galegos e galegas do mundo o Aninovo, desexando moita prosperidade e saúde, e recordando que a Xunta de Galicia continuará a traballar ao longo do 2022 para acompañalas e acompañalos alá onde estean e no seu retorno, se esta fora a súa decisión. Máis información
- “Historias de ida e volta” ofrece un especial en lembranza da Sociedad de Beneficencia de Naturales de Galicia que cumpre 150 anos 31.12.2021 audio Esta publicación fai así memoria dunha das sociedades benéficas máis destacadas da emigración en Cuba no seu aniversario. Este proxecto web, que se ofrece mes a mes, está realizado pola Secretaría Xeral da Emigración e o Consello da Cultura Galega, aportando fotografías e documentos que axudan a entender as novas realidades migratorias a América... Máis información
- Emigración anima aos galegos e galegas do exterior a preparar a súa documentación para a próxima convocatoria das bolsas de máster BEME 30.12.2021 audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, anima aos galegos e galegas do exterior que desexen facer un máster nunha das tres universidades galegas o próximo curso 22/23 a comprobar se cumpren os requisitos para poder solicitar unha das 250 Bolsas de Excelencia Mocidade Exterior - BEME que acaba de autorizar o Consello da Xunta... Máis información
- A Xunta aproba 2,15M€ para atraer aos 250 mellores expedientes universitarios do exterior na sexta convocatoria das bolsas BEME máster 29.12.2021 audio O Goberno galego aumenta, por segundo ano consecutivo, en 50 as Bolsas Excelencia Mocidade Exterior para o curso 2022/23 de cara a atraer aos galegos e galegas do exterior de alta cualificación, incentivando así que fixen a súa residencia e a súa actividade laboral na comunidade autónoma. As bolsas sufragan viaxe, matrícula, aloxamento e... Máis información
- A Consellería de Sanidade solicita o uso responsable do 061 como número exclusivo para a atención ás emerxencias e os casos graves da covid-19 29.12.2021 audio Lembra o uso do número 881 54 00 45 para a consulta de información, dúbidas ou síntomas leves relacionados co coronavirus. A Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 rexistrou este luns un incremento do volume habitual de chamadas superior ao 40 %. No caso de ser positivo en covid-19, debe marcar o 061 se sente sensación de... Máis información
- Miranda recibe ao presidente da Federación de Centros Españoles en Venezuela para facer balance da situación dos galegos e galegas no país 28.12.2021 audio O secretario xeral da Emigración analizou con Roberto González Pérez as liñas de apoio ao retorno nas que traballa a Xunta de Galicia de cara a dalas a coñecer aínda máis entre a cidadanía galega do país caribeño. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo esta mañá unha reunión con Roberto González Pérez, presidente da... Máis información
- A Xunta habilita 32,2M€ para que as nenas e nenos nados en 2022 teñan acceso á Tarxeta Benvida, da que se poden beneficiar tamén as e os galegos retornados 27.12.2021 audio Dende que se puxo en marcha en 2016, esta prestación contou cun orzamento acumulado de 127 millóns de euros. Ata o de agora unhas 78.000 familias beneficiáronse desta axuda de 100 euros ao mes durante o primeiro ano de vida da ou do cativo. O Consello da Xunta habilitou un investimento de 32,2 millóns de euros para que as nenas e nenos nados no... Máis información
- Emigración homenaxea ás e aos participantes no programa “Reencontros co Xacobeo” 26.12.2021 audio A Secretaría Xeral da Emigración publica un vídeo homenaxeando ás e aos participantes no programa “Reencontros co Xacobeo” que se desenvolveu en outubro deste ano e no que participaron galegas e galegos de máis de 65 anos vinculados aos centros do exterior en España e Europa. Durante unha semana percorreron varios quilómetros da Vía da Prata e... Máis información
- O persoal da Secretaría Xeral da Emigración felicita as festas a tódolos galegos e galegas do exterior 25.12.2021 audio O persoal da Secretaría Xeral da Emigración, co secretario xeral á fronte, Antonio Rodríguez Miranda, felicita a través dun vídeo as festas de Nadal e Aninovo a tódalas e tódolos galegos do exterior, utilizando unha pelota na que se representa o planeta para recordarlles a todos aqueles e aquelas que viven fóra da nosa comunidade autónoma que... Máis información
- O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, felicita o Nadal ás galegas e galegos do exterior 24.12.2021 audio O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, felicita, a través das redes sociais da Secretaría Xeral da Emigración, as festas de Nadal ás galegas e galegos que viven en todos os recunchos do mundo, desexándolles paz, prosperidade e saúde, e recordándolles que a Xunta continuará a traballar para apoialos e acompañalos alá onde se... Máis información
Páxinas |









