Emigración recorda que o próximo 7 de marzo remata o prazo de solicitude das axudas destinadas a funcionamento e actividades das entidades galegas do exterior

A Secretaría Xeral volve destinar este ano unha liña específica para apoiar accións de especial relevancia e promoción do Ano Santo Xacobeo.

Os centros galegos poden presentar as súas solicitudes ata o vindeiro luns, 7 de marzo
Os centros galegos poden presentar as súas solicitudes ata o vindeiro luns, 7 de marzo
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 4 de marzo de 2022.

A Secretaría Xeral da Emigración recorda que o próximo 7 de marzo remata o prazo de presentación das solicitudes da liña de axudas para as entidades galegas do exterior, que conta cun crédito orzamentario de 1,2M€ euros, e que se destina a gastos de funcionamento, proxectos culturais da xuventude e accións de promoción do Ano Santo Xacobeo.  

Esta convocatoria conta con tres liñas: funcionamento, posta en marcha de proxectos e desenvolvemento de accións relativas ao Ano Santo.

En canto á primeira liña, e co fin colaborar no funcionamento das entidades galegas no exterior, este ano destínase a este fin 650.000 euros, de cara a continuar apoiando aos centros nas súas actividades ante os problemas xurdidos coa situación da covid-19 que, nos últimos anos, reduciu enormemente a súa capacidade económica. “A Xunta é consciente da situación delicada que está a vivir a nosa colectividade a causa da pandemia. Non poden esquecer que nós estamos aquí para axudalos e apoialos”, explicou o secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda. 

En segundo lugar, estas subvencións tamén van dirixidas para a posta en marcha de proxectos culturais, sociais, de accións informativas e actividades promovidas pola mocidade, ao que se destinarán un total de 450.000 euros. Finalmente, continúa tamén no presente ano, como no anterior, unha liña destinada a axudar na posta en marcha de accións de especial relevancia e promoción do Ano Santo Xacobeo, á que se destinará 100.000 euros. 

O prazo de presentación de solicitudes é dun mes, ata o próximo 7 de marzo, e as entidades poderán solicitar ata o 80% do investimento total.

457 lecturas